Aquí vos amosamos o gran traballo que fixeron os nenos e as nenas do cole para compartir cos nosos socios europeos, que nos pediran que creásemos historias sobre a protección de natureza.
O alumnado de 2ºA creou e ilustrou esta interesante historia titulada: O TRASNO DA FRAGA.
O alumnado de 2ºB creou tamén esta historia titulada: PESADILLA EN EL MONTE.
O alumnado de 6º Infantil A ilustrou esta historia baseada nun interesante contacontos que as monitoras de GAIA viñeran contarlles ao colexio e que titulamos: O PROBLEMA DE VALENTINO.
O alumnado de 4º creou o texto desta historia titulada "A SALVACIÓN DA FRAGA" e despois ilustrouna con axuda de 3ºA, 3ºB e 4ºB.
O alumnado de 6ºB versionou estes contos escritos por Jimena e Ainara, e ilustráronse coa colaboración de 5º e 6º, ambos relacionados con SALVAR O MONTE CASTELO.
Agardamos que vos gusten! Grazas pola vosa colaboración e gran traballo!