Skip to Content

5º e 6º Primaria

24 de Novembro: Día internacional contra a violencia de xénero

O venres 24 de novembro, o noso colexio participou nas actividades organizadas dende o Concello para unirse de forma activa aos actos reinvidicativos contra a violencia de xénero. Os alumnos e alumnas de 5º de primaria leron unha poesía de Carmen Gil. Este poema infantil é unha mostra de como se traballa o tema da educación en igualdade no colexio dende o primeiro día. Con poesías coma esta, os nenos e nenas aprenden a medrar, respectando sempre as persoas e as súas diferencias e preferencias, sexa cal sexa o seu sexo, a súa cultura e a súa relixión. Como di unha das nenas no acto, "Nós somos o futuro e en nós recae a responsabilidade de que o mañá sexa sempre mellor".

                    Poesía de Carmen Gil:

 

Os nenos e nenas de 6º visitamos Vegadeo

Os nenos e nenas de 6º visitamos  o CFC de Vegadeo donde aprendemos a interpretar a parte informativa das etiquetas dos produtos  coñecendo a composición dos alimentos, a súa verdadeira achega nutricional e os diferentes aditivos engadidos, explicando a súa procedencia e funcionalidade.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut