Skip to Content

5º e 6º Primaria

Erasmus+ project: On a Journey with the ARTist. Manual "Art activities with children"

Here you can see a picture tutorial to make this beautiful vase and colourful flowers. I've made this craft activity with my pupils and it's a good way to improve creativity and fine motor coordination.

XeoRutas: aprendendo sobre as rochas de Burela

Os alumnos de 5º e 6º de primaria tiveron unha saída o pasado mércores 18 de abril, acompañados polos seus profesores e por dous monitores de Gaia. Fran, xeólogo, foi o encargado de explicarlles a formación, procedencia e composición das rochas.

Os temas tratados foron os seguintes: conceptos básicos de xeoloxía, diferenzas entre rocha e mineral, os tipos de rocha, a deformación nas rochas e os tipos de pregues.

As zonas visitadas foron a de Castrelo para observar o contacto entre granitos e cuarcitas e a zona do Perdouro para ver dous diferentes tipos de pregue (antiforme, con forma de A) e sinforme (con forma de U). Tamén nos acercamos á zona onde se poden ver dous fermosos arcos rochosos.

Os nenos foron anotando o que aprenderon no seu caderno da unidade didáctica para logo facer un traballo final por clases, aínda sen rematar.

 

Animación á lectura: O carteiro de Bagdad.

O luns pasado, día 9 de abril, visitounos na biblioteca escolar o autor do libro "O carteiro de Bagdad", Marcos Sánchez Calveiro.

A sesión foi moi interesante, xa que este escritor galego nos explicou o contexto no que se iniciou  a guerra de Iraq no ano 2003. Foi unha guerra con moitos interrogantes e moitas protestas pero os gobernantes implicados seguiron adiante con esta loucura. O libro relata situacións reais por medio dos seus protagonistas. Marcos S. Calveiro desvelounos como se lle ocurreu escribir este libro: foi lendo un artigo nun xornal, onde un carteiro iraquí explicaba a importancia do seu traballo para que a xente puidese ter novas das familias dentro e fóra do país. "Unha carta non é só un anaco de papel; é algo sagrado" e os carteiros arriscaban a súa vida para poder entregalas.

Ao remate da súa exposición, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria puideron facer moitas preguntas sobre a guerra, sobre a súa carreira literaria e sobre como se organiza para escribir.

 
 
 
 
 
 

 

Cristina Pato

Aquí está a aportación dos alumnos de 5º ao proxecto europeo "On a journey with the ARTist". O arquivo orixinal é una presentación en Impress sobre a nosa artista gaiteira Cristina Pato. Para poder visualizala aquí, convertiuse en vídeo.

Fai clic na foto para ver o video

Distribuir contido


by Dr. Radut