Skip to Content

SEMANA EUROPEA: BÉLXICA MAIO-2019

Mércores 15

Hoxe foi un día moi divertido. Levantámonos ás sete e cuarto pero os encargados un pouquiño antes para preparar o almorzo. Logo collemos un bus ás nove ata Zilvermeer. Xogamos cunha ampla variedade de xogos tales como barcos con pedais, mini-golf, cars con pedais, botes con remos....

Ás doce os profesores chamáronnos para comer o que levamos de picnic. Despois xogamos nun parque cercano e fomos a outra parte do parque de Zivermeer no que fixemos uns xogos de supervivencia cun monitor e os nosos profesores. O primeiro xogo foi tirarnos dunha tirolina que pasaba sobre un lago e unha anécdota que recordaremos foi que algúns tocaron a auga cos pés calzados e outros molláronse por completo. O segundo xogo foi una xincana aérea por encima da auga. O terceiro foi outra xincana, que consistía nun conxunto de troncos encima do lago e aí moitos nenos caéronse. O cuarto foi un xogo que consistía en saltar de plataforma en plataforma o máis rápido posible para non caer.

Despois dos xogos, voltamos aos vestiarios para voltar ao albergue en autobús. Alí tivemos unha barbacoa preparada polos pais dos nosos amigos belgas. Xogamos e despedímonos. Houbo moitas lágrimas. Sempre é moi triste despedirse.

Maña voltamos a Burela. Toca preparar as maletas. Deica mañá.

 

 

Agustina, Nico, Magalí, Mario, Rebeca.

 

 

 

Martes 14

Hoxe levantámonos moi cedo, pero cunhas ganas moi grandes de disfrutar deste día porque queda menos para marchar de Bélxica. As 9:30 veunos buscar o autobús. Despois de 30 minutos eternos chegamos ao parque de atraccións Bobbejaanland. Organizámonos en diferentes grupos.

Ao principio queriamos subir a todas as atraccións, pero os profesores estiveron explicando todas as normas do parque. Cando acabaron de explicar as normas xa puidemos montar todos porque este ano foi o único que non houbo mochileros, e as mochilas quedaron nun restaurante do parque. Primeiro subimos case todos as atraccións de auga porque xa facía moita calor. Logo dunhas horas fumos comer comida tradicional de Bélxica: Salchichas e patacas fritas. Os profes deixáronnos repetir, mmm que rico!

Despois de comer, intentamos subir todos nas mesmas atraccións, subimos todos xuntos en Sledge Hammer (Martelo), Wildraterbaan e Typhoon. As que máis nos gustaron foron: Typhoon, Nagabay... Aínda que todas as atraccións estiveron moi ben. Pensábamos que o parque de atraccións ía cerrar mais tarde. Fúmonos un pouco tristes porque a tenda do parque de atraccións cerrara e non nos deu tempo de comprar algún recordo para nosas familias e tamén para nós. Esta día foi incríble, alucinante, magnífico... Chegamos ao albergue e fixemos o diario, recollimos a roupa e fixemos esta marabillosa entrada do blogue.

 

Diego, Lucía, Dayana, Cristian e Sofía.

 

 

Luns 13

 

Hoxe levantámonos as 8:30 para chegar ás nove ao parque de Keiheuvel. Dividímonos en dous grupos; o grupo 1 empezou xogando no parque mentras o grupo 2 foi dar un paseo en bici. No paseo vimos os canales e as esclusas. Podedes vernos nos seguintes enlaces:

VER VIDEO 1

VER VIDEO 2

Comimos todos xuntos no parque de Keiheuvel e despois fomos ao cole dos belgas onde fixemos dous xogos diferentes e un obradoiro de manualidades. Tamén comimos uns gofres feitos polas familias belgas; estaban super ricos. .As 4 da tarde fomos coas familias ás súas casas, onde o pasamos todos moi ben e ceamos comida moi rica. As familias belgas son todas moi amables e cariñosas.

Á volta ao albergue, tocou ducharse, escribir no diario e, a nosoutros, colaborar neste blog.

Deica maña a todos.

Iago, Lara, Javier, Rebeca, Paula.

RESUMO FINAL DO DÍA

 

Distribuir contido


by Dr. Radut