Skip to Content

INFORMACIÓN SOBRE O TRANSPORTE ESCOLAR

 

Dende a directiva da ANPA queremos facervos chegar a seguinte información sobre o transporte escolar:

1. O luns 12 de setembro comezará o servizo de transporte escolar. Ese día SOAMENTE haberá autobús de volta á casa, as 14:00 da tarde.

2. O servizo de transporte escolar comezará a funcionar de xeito regular o martes 13 de setembro, coas súas paradas e horarios habituais.

3. Para apuntarse deben avisar:
- Profesores-titores dos nen@s: para que poidan levar un control dos nenos da clase que van facer uso do autobús.
- Coidadora do autobús, Begoña. Deberán indicarlle o número de nen@s que van facer uso do servizo (os irmáns teñen desconto), o tipo de servizo (de ida ao cole, de volta á casa ou ida e volta) e dar un número de teléfono (preferiblemente móbil) onde se lles poida localizar en caso de necesidade.

4. Prégase estar nas paradas 5 minutos antes da chegada do autobús, tanto á hora de levar coma de recoller aos nen@s.

5. Con referente ao pago do autobús, número de conta, contía, etc. enviarase un comunicado a través d@s nen@s ó longo da vindeira semana.

Ante calquer consulta, non dubidedes en preguntarnos :)

Un saúdo e feliz volta ao cole!!

A directiva

No hay texto alternativo automático disponible.


blog | by Dr. Radut