Skip to Content

ANPA 2015/2016

A ANPA traballa ao longo do ano para conseguir xunto coa Dirección do centro un correcto funcionamento do mesmo, adicando ademáis esforzos a acadar a satisfacción do alumnado no ámbito escolar e nas actividades e celebracións.

Sabemos que non sempre conseguimos facer chegar a información do traballo e da xestión económica que levamos a cabo, así que aproveitamos a oportunidade para dar a coñecer as actividades nas que a ANPA está implicada na actualidade:

 

1. TRANSPORTE: a ANPA traballa cada ano velando polo correcto funcionamento deste servizo a un prezo asequible.

2. ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES: a ANPA organiza actividades extraescolares e traballa continuamente para mellorar o prezo das mesmas.

3. COMPRA DE LIBROS DE INFANTIL: traballamos na compra en grupo dos libros de infantil a un prezo reducido.

4. ACTIVIDADES E CELEBRACIÓNS DO CENTRO: ademáis do apoio loxístico para a organización das actividades en coordinación coa Dirección do centro, a ANPA apoia economicamente as seguintes actividades:

• MAGOSTO - A ANPA paga o total do importe das castañas e bebida para todo o alumnado e familias que asisten ao magosto.

• NADAL - A ANPA paga o total do importe dos roscóns e bebida cos que se convida a todo o alumnado do cole. Tamén se compran en coordinación coa Dirección os pequenos agasallos que os reis entregan aos nenos.

• ANTROIDO - A ANPA paga o importe das bebidas da festa.

• FESTA FIN DE CURSO - A ANPA paga a totalidade da festa: hinchables, globoflexia, xogos tradicionais,actuacións,churros etc... con participación aberta a todos os nenos do cole. Todo isto grazas ás aportacións d@s soci@s (20€/ano/familia), ás aportacións económicas de ALCOA a través d@s nos@s voluntari@s, aos que facemos chegar o agradecemento de toda a comunidade educativa, e ás subvencións oficiais que vamos conseguindo...., pero queremos facer máis. Por iso, se aínda non o es, FAITE SOCI@, axúdanos a traballar polo teu fillo/a.



blog | by Dr. Radut