Skip to Content

SAÍDA CULTURAL POLA BURELA ANTIGA

 Hoxe deixamos o espazo da aula para coñecer rincóns do noso pobo que, de seguro, non víramos. Visitamos os barrios da Rúa do Can e a Vila do Medio, detivémonos a observar os lavadeiros, as fontes, os cabozos, as árbores do entorno...e rematamos a visita nos castiñeiros centenarios.

Merendamos arredor da fonte da Vila do Medio e hoxe a merenda soupo dun xeito especial. Unha mañá espléndida.

Volvemos cansados pero satisfeitos!



blog | by Dr. Radut