Documentos para a presentación de solicitudes do comedor:
COMEDOR ESCOLAR PARA O CURSO ESCOLAR 2024-2025
Seguindo o disposto na INSTRUCIÓN 2/2024, DA SECRETARÍA XERAL TÉCNICA DA CONSELLERÍA DE CULTURA, EDUCACIÓN, FORMACIÓN PROFESIONAL E UNIVERSIDADES DO 1 DE XUÑO, SOBRE FUNCIONAMENTO DOS COMEDORES ESCOLARES DE XESTIÓN INDIRECTA NO CURSO ESCOLAR 2024-2025,informamos de que se abre o prazo de reserva de praza no comedor escolar para o curso 2024-2025.
-
Solicitudes:
Xa se poden recoller no centro ou descargar da páxina web as solicitudes para facer uso do comedor para o curso 2024/25.
-
Documentación:
-
1. Certificado do Padrón municipal actualizado no que figuren todos os membros da unidade familiar que convivan nel. A data de alta no domicilio debe ter unha antigüidade mínima dun ano.2.
-
2. Auto declaración (AnexoII). (A recoller no centro ou descargar da páxina web coa solicitude).
A Documentación pódese descargar na páxina Web do centro.
https://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvistaalegre/comedor
- 3. Documentación xustificativa para a selección de usuarios (contrato ou certificado de empresa co horario laboral, certificado de estudos de alumnado en prácticas, certificado de discapacidade ou familia numerosa, informe de situación de risco de exclusión...)
-
Número de prazas máximas autorizadas e concedidas: 128
-
Selección de usuarios:
Para a selección de usuarios,de existir máis solicitudes que prazas autorizadas no comedor escolar establécese a orde seguinte de preferencia:
1. Alumnado usuario do servizo de comedor no curso escolar anterior, salvo que varíe substancialmente o criterio polo cal fose admitido.
2. Alumnado usuario de dereito do servizo do transporte escolar, nos termos establecidos na Instrución 2/2024 da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Cultura, Educación e Universidade, sobre a xestión do servizo de transporte escolar no curso escolar 2024-2025.
3. Ter un/unha Irmán ou irmá matriculados no centro e ser usuario do comedor escolar no momento de formalizar a solicitude.
4. Alumnado pertencente a unidades familiares que se atopen en situación socioeconómica de exclusión social ou que teña unha discapacidade igual ou superior ao 33%, certificadas polos servizos sociais ou municipais correspondentes.
5. Alumnado membro de familias numerosas, acreditado co correspondente título ou carné expedido para o efecto.
A asimilación ao descendente do fillo ou filla concibido ou concibida y non nacido ou nacida acreditarase mediante o carné familiar galego, e terá efectos unicamente dentro da comunidade autónoma de Galicia, artigo 12 da Lei 3/2011, de 30 de xuño, de apoio á familia e a convivencia de Galicia.
6. Alumnado fillo de pais e nais, titores legais ou acolledores familiares, traballadores ambos os dous con incompatibilidade dos seus horarios laborais co horario de saída do seu fillo/a ao mediodía, acreditada documentalmente de xeito alternativo, mediante a seguinte documentación: informe de vida laboral, expedido polo organismo laboral competente, ou certificado da Unidade de persoal á que pertenza o empregado público; certificación da empresa, xustificativa da duración de xornada e o horario de traballo; certificación xustificativa de alta no IAE, e unha declaración responsable, sobre a vixencia da actividade económica, e o horario que require a actividade, para o caso de traballadores por conta propia.
7. Outro alumnado do centro. Neste suposto inclúense aos escolarizados fóra da área de influencia que lles corresponde.
8. Persoal docente e non docente que preste servizos no centro e non colabore no labores de atención e apoio ao alumnado.
-
Prazos:
-
Entrega de solicitudes:25, 26 e 27 de xuño, 1 ,2, 3 e 4 de xullo na Dirección / Secretaría do centro dende as 10:00 ata as 13:00 h.
- Publicación listaxe provisionais admitidos: 2 de setembro de 2024.
- Reclamacións:ata o 4 de setembro inclusive.
- Publicación listaxe definitiva:10 de setembro de 2024.
-
Importante: Causa de baixa no servizo:
Pódese causar baixa por:
- Non estar ao corrente dos pagos:non se poderá facer uso do comedor mentres non se regularicen os pagos pendentes.
- Non asistir durante un mes de xeito continuado coa frecuencia solicitada agás causas debidamente xustificadas ante a Dirección.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Circular familias comedor 2024-25.pdf | 373.14 KB |
Instrucion_2-2024_XI_vdef_asinada.pdf | 361.21 KB |
Comedor escolar autodeclaración curso 2024-2025.pdf | 668.73 KB |
Solicitude comedor Curso 2024-25.odt | 221.64 KB |