Skip to Content

GÚSTAME... o galego!

Hoxe, por fin, estivemos divertíndonos coas fotos que nos tiraron dentro da actividade Gústame... o galego!

O mércores, 15 de maio, co gallo da celebración da Semana das Letras Galegas, o Equipo de Dinamización Lingüística trouxo ao noso centro a campaña Gústame... o galego!

A actividade consisteu en montar o panel (photocall) da campaña na Biblioteca para que todos os alumnos de terceiro a sexto cursos saísemos ben retratados co lema escollidos entre os vinte e nove que había. Vaia risas!!

As dúas persoas que viñeron coa montaxe para nos retratar despois daranlles difusión nas redes sociais. Proximamente poderemos ver as fotos da campaña en https://www.facebook.com/gustameogalego. Estade atentos!! E non vos preocupedes os que non asinastes a autorización para vos ver retratados nas redes sociais porque xa termamos de que non aparezades. Pero na páxina do cole, claro que si que aparecedes!

Mentres, se queredes, por iso de ir abrindo o apetito, desfrutade dun vídeo da campaña desde a nosa páxina web do centro, na sección de Dinamización Lingüística.

Ah, todas as persoas que participamos fomos agasalladas cunha chapa de Gústame o galego. Se vos fixades ben, algún xa a levávamos posta diante da cámara.

Preme na imaxe de encima para ver as fotos ampliadas... e, senón, nas seguintes ligazóns:

https://plus.google.com/photos/117192137868163171821/albums/5878273286033360465?authkey=CNaevum43ur89gE

https://plus.google.com/photos/117192137868163171821/albums/5878268180175013905

E, polo de agora, preme aquí para veres un resumo de breves vídeos que nos dan unha idea do ambiente distendido que se respirou durante a celbración! Continuará...




blog | by Dr. Radut