Fonte imaxe: https://www3.gobiernodecanarias.org/medusa/
Rematamos curso cun terceiro trimestre moi especial, onde tivestedes que traballar na casa coa axuda das vosas familias. Traballástedes moito. Agora que o verán xa está ahí, toca disfrutar dun merecido descanso.
Coma sempre déixovos unhas propostas de vídeos e actividades interactivas (sinxelas, lúdicas e entretidas) para traballar nestas dúas semanas que quedan de curso escolar, ou tamén para repasar, si queredes, durante o período estival.
Acceso á AULA VIRTUAL DE APOIO DE PT
Non vos esquecedes de ler contos... moitos contos ... que seguro que Libruxa vos recomenda nunha estupenda guía de lecturas para o verán. Descansade, xogade, ride, disfrutade da praia, do tempo libre e pasádeo ben.
Espero vervos a todos e todas en setembro e, por suposto, no colexio! onde poidamos volver as clases con normalidade.
Deica setembro e feliz verán!