O MEU BARCO
Teño un barco de xoguete
e nel me quero embarcar.
Polos mares dos meus soños
quen me verá navegar!
Navegarei por mil ríos
sete mares hei cruzar-
No meu barco de xoguete
cansarei de viaxar!
No meu barco de xoguete,
mariñeiro e capitán...!
Non teño medo ao trebón
nin me asusta o furacán!
O meu barco de xoguete!
O meu barco moito val:
verei terras, verei illas,
verei mares de coral...!
E andei todos os mares!
Xa cansei de navegar
co meu barco de xoguete
sin saír do meu fogar!
Agora que xa sabedes facer un barco de papel, probade a facelo con outros materiais: folios, páxinas de xornais, cartulina... máis grandes, máis pequenos... probade se flotan ou non na auga, sopládelle a ver qué pasa...!