Do you know what April Fool's celebration is?
Savez vous ce qu'est Poisson d'avril?
Sabedes que se celebra o un de abril nalgúns países?
En países como o Reino Unido, Austria ou Finlandia, é un día para gastar bromas (como fariamos nós o día dos Inocentes o 28 de decembro). A tradición pode vir do cambio de calendario, pasando o fin de ano do 31 de marzo ao 31 de decembro.
En Francia tamén se celebra, pero neste caso a broma consiste en colgar peixes na espalda da xente (como tamén se fai no día dos Inocentes, colgando un boneco de papel na espalda de alguén) e pode estar relacionado co cambio de calendario e o fin da Coresma.
E sabiades que aquí, en Galicia, tamén temos algún dito sobre este día: "O un de abril vai o burro a onde non ten que ir", pois en tempos tamén era día de facer burla.
*Aquí, adxuntamos uns peixes que podedes colorear na casa e intentar pegar na espalda de alguén da vosa familia sen que se dea de conta! Así estaredes celebrando Poisson d'avril e April Fool's!
Adxunto | Tamaño |
---|---|
Poisson davril pirate.pdf | 2.11 MB |
Poisson dávril danseuse.pdf | 2.13 MB |
Poisson davril coquette.pdf | 2.14 MB |
Poisson davril Charlot.pdf | 2.14 MB |