Skip to Content

Animación á lectura: O carteiro de Bagdad.

O luns pasado, día 9 de abril, visitounos na biblioteca escolar o autor do libro "O carteiro de Bagdad", Marcos Sánchez Calveiro.

A sesión foi moi interesante, xa que este escritor galego nos explicou o contexto no que se iniciou  a guerra de Iraq no ano 2003. Foi unha guerra con moitos interrogantes e moitas protestas pero os gobernantes implicados seguiron adiante con esta loucura. O libro relata situacións reais por medio dos seus protagonistas. Marcos S. Calveiro desvelounos como se lle ocurreu escribir este libro: foi lendo un artigo nun xornal, onde un carteiro iraquí explicaba a importancia do seu traballo para que a xente puidese ter novas das familias dentro e fóra do país. "Unha carta non é só un anaco de papel; é algo sagrado" e os carteiros arriscaban a súa vida para poder entregalas.

Ao remate da súa exposición, os nenos e nenas de 5º e 6º de primaria puideron facer moitas preguntas sobre a guerra, sobre a súa carreira literaria e sobre como se organiza para escribir.

 
 
 
 
 
 

 



page | by Dr. Radut