Eventos
Semana da mobilidade do 16 ao 22 de setembro de 2019. O alumnado de 4º de Educación primaria participará no programa "Andando ao Colexio"coas monitoras de Gaia en colaboración co Concello de Burela.
Charla da DXT para Educación infantil, 1º e 2º de Educación primaria co título: "Camiñar e pedalear seguro".
O alumnado de 3º de Educación Primaria acompañado polo seu profesorado titor/a participará nunha saída escolar a MARCELLE-NATUREZA en Outeiro de Rei. Sairán as 9:00 h e chegarán de volta ao colexio aproximadamente ás 17:00 horas.
A Xornada de acollida do Programa de auxiliares de conversa de Galicia terá lugar o mércores 2 de outubro no Museo Centro Gaiás da Cultura en Santiago de Compostela.