Eventos
Pola mañá: De 10:00 a 13:30 horas.
Docencia co asesor D. Juan Menéndéz a partir das 16:00 horas na aula de 6º A.
Lugar: Aula de Psicomotricidade
Hora: 12:30 horas
Participantes: Alumnado de 2º de Educación primaria
_____________________________________________________
A Consellería de Medio Ambiente pon en marcha unha campaña infantil para fomentar a reciclaxe dos residuos de aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), co fin de que as novas xeracións coñezan a importancia de tratar adecuadamente este lixo. Para axudar nesta importante mensaxe, os Bolechas convertéronse nos Electrecos, superheroes da reciclaxe de RAEE.
Ecocarlos, Ecobraulio, Ecopili, Ecololi, Ecosonia, Ecotatá e, como non, Ecochispa serán os encargados de explicar de forma amena e moi didáctica pautas e coñecementos para o correcto tratamentos dos residuos, ao tempo que recrutan novos superheroes nos centros educativos de Galicia para formar un gran movemento de superheroes da reciclaxe e defensores do planeta.
Máis información no seguinte enlace