Skip to Content

Educación Infantil

Os Alimentos

Este trimestre coñecimos os alimentos e a ter unha alimentación saúdable, aquí tedes todo o que aprendimos

 

CINE MUDO - UNHA MERENDA DE COMEDIA

As aulas de 6º de Educación Infantil seguimos co proxecto do CINE, e nesta ocasión achegámonos ao cine mudo. Disfrutamos moito gravando e vendo o resultado da nosa obra.

Esperamos que vos guste!

 

3...2...1...ACCIÓN!

 

Saída á contorna, 6ºEI

O venres 11 o alumnado de 6º de Educación infantil fumos coñecer a contorna do noso cole; fumos paseando ata o parque do hospital, alí xogamos, merendamos, vimos as plantas da zona e recollimos follas. Foi un día diferente e moi divertido.

ESFOLLADA NA AULA DE TRES ANOS

Os nenos e nenas de tres anos comezamos o  proxecto do millo facendo unha esfollada na clase. Despois de estudar as partes da planta, esfollamos, moemos e coa fariña fixemos dous biscoitos ben saborosos.

 

Distribuir contido


by Dr. Radut