O 17 de novembro levouse a cabo a celebración do Magosto no centro. Para iso organizáronse diferentes xogos polos que os nenos/as foron pasando cos seus equipos, os cales estaban formandos por alumnos/as de todos os cursos do centro.
A temática dos xogos propostos xirou entorno ao noso PDI "Xogo de Reinos" e os alumnos/as divertíronse moito con todos eles.
Foi moi enriquecedor ver como os alumnos/as dos cursos máis altos axudaban aos máis pequenos/as, motivándoos e animándoos, sen importarlles os resultados, senón desfrutando con eles/as e co ben que o estaban pasando.
A continuación podedes ver fotos desta xornada e se pinchades na imaxe accederedes ao vídeo onde poderedes desfrutar vendo todos os xogos con materiais da natureza: castañas, follas, mazorcas... e outros materiais de psicomotricidade.