Skip to Content

blogue deDolores

EXCURSIÓN A MARCELLE

O pasado 21 de maio os nen@s de educación infantil do noso colexio fomos de excursión a MARCELLE e pasámolo moi ben, foi un día xenial!!!

Os nen@sda clase da xirafa queremos mostrarvos como foi o noso dia

 

BROCHETA DE FROITAS

Esta semana pasada na clase da xirafa elaboramos outra receita de cociña, nesta ocasión con froitas, ricas en vitaminas e moi boas para unha dieta sá. 

Queremos mostrarvos como o fixemos...

 

Visita de "Pepe Carreiro"

Hoxe os nenos e nenas de Educación Infantil recibimos a visita do debuxante dos contos dos BOLECHAS, Pepe Carreiro, dentro da campaña de Animación á Lectura promovida dende a biblioteca do noso centro, con quen disfrutamos dun ratiño moi agradable no que nos debuxou varios personaxes que poderían ser protagonistas de calquer fermoso conto, ademáis, como non, dalgún personaxe dos Bolechas,...

A Libruxa tamén lle encantou a súa visita. 

Moitas grazas!!!! 

 

Click to play this Smilebox collage

ESTRUTURA "PEIXES DA MARIÑA"

 

Como xa vos contáramos, os nen@s da clase da XIRAFA fixemos uns peixiños e outros animais mariños para preparar unha estrutura sobre os "Peixes da Mariña" que vos queremos mostrar na exposición que se abrirá esta semana na Casa da Cultura de Burela con motivo da Semana das Artes Plásticas.

Queremos ensinarvos como elaboramos esa estrutura que nos prepararon os alumn@s do Bacharelato de Artes do IES Monte Castelo, que colaboraron con nós, xunto cos seus profesores,aos que dende aqui damos as grazas.

Esperamos que vos guste!!!

Non deixedes de visitar a exposición, seguro que será do voso agrado!!!

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
 
Distribuir contido


by Dr. Radut