Skip to Content

blogue deBelén

Visita Anxo Moure

 Contacontos na biblio

 Anxo Moure vive en Garabelos, unha pequena aldea á sombra das montañas da Serra do Faro, e non moi lonxe do río Miño. Enriba dun castiñeiro e un carballo, na Casa das Árbores. Esta casiña é un lugar de lecer, onde escoitar os contos que viven nas árbores. Un lugar para coñecer a Graciano Zoqueiro, trasniño Gaiteiro, que anda na procura da música das árbores e a quen vós podedes axudar. Un contacontos moi particular que tivemos o pracer de recibir no noso centro.

Os nenos e nenas de infantíl disfrutamos moito da súa actuación. Grazas!!!

 

 

Actividade con kamishibai

Este mércores os nen@s de 5º A  viñeron á biblio para contarnos o conto

de "O NENO E A ESTRELA" sobre Díaz Castro  co soporte de Kamishibai. Estiveron moi atentos e gustoulles moito a experiencia de que nenos maiores lles conten os contos e, aínda encima, empregando este novo soporte para a lectura de contos. Gracias!!!

 

letras galegas

Aquí vos deixamos este conto tan fermoso editado polo colectivo Fabaloba sobre Díaz Castro de pequeno.Baseado no seu poemario NIMBOS.
 
 
 
 
 
Tamén vos deixamos un enlace a unha serie de actividades que se propoñen sobre o conto.
   
 
 
Nesta páxina tamén podedes atopar máis información sobre Xose María Díaz Castro.
 

Letras Galegas

No Seminario Galán pódese atopar máis información sobre o autor homenaxeado este ano polas Letras Galegas Xosé María Díaz Castro.

( Preme na imaxe)


Distribuir contido


by Dr. Radut