Skip to Content

blogue deBelén

VIAXE A BÉLXICA: DÍA 6

 

VIAXE A BÉLXICA: DÍA 6

Domingo 21 de maio de 2017.

Levantámonos ás 7:30 de mañá, vestímonos, almorzamos e collemos o bus ás 10:30 para facer unha ruta en barco polos canais.  Ao longo da viaxe vimos moitas paisaxes fermosas e as esclusas. Álvaro explicounos o seu funcionamento.

Foi un día diferente porque cominos no barco e logo dimos un pequeno paseo ata que chegamos ao parque acuático.

Estivemos toda  a tarde na auga ata as 17:15, pasámolo moi ben. Cando saímos do SumPark, fixemos unhas pequenas compras e volvemos para o hotel a cear.

Pronto nos veremos papás e mamás. Querémosvos moito.

 

Equipo de redactoras: Ainhara, Eva, Ruth, Nayara e Elsa

 

 

 

 

 

Click to play this Smilebox slideshow
Create your own slideshow - Powered by Smilebox
This picture slideshow created with Smilebox

VIAXE A BÉLXICA: DÍA 4

 

 

VIAXE A BÉLXICA: DÍA 4

 

Hoxe levantámonos, coma sempre, ás 7:30, vestímonos e fomos almorzar; todo estaba moi rico.

Máis tarde collemos o autobús rumbo a Boobejaanland onde o pasamos moi ben.

Puidemos montar en todas as atraccións e aínda que algunhas supoñían un gran reto para nós, conseguimos vencer o medo.

Foi un día moi intenso no que xunto cos nosos compañeiros finlandeses, rumanos e gregos, compartimos experiencias apasionantes.

Chegou o momento de volver  ao hotel onde despois de ducharnos, cenamos e tivemos tempo libre para continuar gozando das nosas novas amizades.

Nós quedabámonos unha semana máis, pero... non pasa nada!!!

Un bico forte da habitación 215

Alejandro, Fernando, Joaquín, Marcos e Jorge F.

 

 

 

Distribuir contido


by Dr. Radut