Comedor
O NOSO COMEDOR
O Comedor Escolar é un servizo educativo complementario que contribúe á organización da vida familiar.
A xestión do Servizo correspóndelle á XUNTA DE GALICIA e lévase na modalidade de xestión indirecta. Unha empresa elabora as comidas nas súas propias instalacións e fainas chegar ao Centro diariamente. Para o presente curso escolar, a empresa encargada do servizo é MEDITERRANEA.
A prestación do servizo de comedor coincide co calendario lectivo do alumnado, en horario de 14.00 a 16.00 horas. Inclúe os servizos de xantar e atención aos usuari@s nos períodos de lecer anterior e posterior ao mesmo.
No actual curso escolar ofértanse 128 prazas de comensais.
Os representantes legais do alumnado poderán manifestar o seu desexo de utilizar o servizo de comedor facéndoo constar no período de matriculación para o curso seguinte.
Para o curso 2024/25, a solicitude de praza e a documentación que acredite o dereito a beneficiarse dalgunha das axudas para comedor, presentarase na Secretaría do centro. O modelo de solicitude pódese descargar neste Web ou recoller no propio centro
Xunto coa solicitude, entregarase:
- Documento de autodeclaración, IRPF ANO 2023.
-
Autorización á empresa adxudicataria do servizo, a cargar na súa conta bancaria os recibos mensuais polos menús consumidos. Esta autorización pódese descargar neste Web ou solicitarse no centro.
NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO DO SERVIZO