Orientación
ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
ORDE do 8 de setembro de 2021 de atención á diversidade
COMPOSICIÓN DO DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN
En cumprimento do artigo 4 do Decreto 120/1998 do 23 de abril, polo que se regula a orientación educativa e profesional na Comunidade Autónoma de Galicia, constitúese o Departamento de Orientación do CEIP Virxe do Rocío, sendo a Xefa do Departamento de Orientación, dona Mª Mercedes Fernández Mendez
A mestre especialista en Audición e Linguaxe e a orientadora son itinerantes, comparten as súas funcións docentes co CEIP Josefa Alonso e o CEIP Javier Sensat respectivamente.
OBXECTIVOS DO DEPARTAMENTO
1. Referidos ao centro:
• Contribuír á dinamización da planificación e organización educativa.
• Potenciar a coordinación e cooperación entre o centro e as familias
• Elaborar propostas de medidas específicas de atención á diversidade.
• Elaborar o Plan de Acción Titorial.
2. Referidos ao alumnado:
• Contribuír á personificación dos procesos de ensino-aprendizaxe.
• Procurar a integración do alumnado no seu grupo e na escola.
• Desenvolver programas de adquisición de habilidades, técnicas de traballo intelectual, estratexias de aprendizaxe e hábitos de estudo.
• Identificar as dificultades e potencialidades do alumnado con NEAE, concretando as pautas de actuación e as medidas para a súa atención.
• Fomentar no alumnado actitudes cooperativas no centro e no contorno.
• Realizar as avaliacións psicopedagóxicas do alumnado que presente dificultades de aprendizaxe.
3. Referidos ao profesorado:
• Coordinar as actuacións do profesorado titor, especialistas en P.T. e A.L. e orientalas de cara a dar resposta ás NEAE do alumnado.
• Apoiar a actuación do profesorado, proporcionándolle información sobre recursos e estratexias metodolóxicas que poidan favorecer o seu labor docente.
4. Referidos ás familias:
• Promover actividades informativas e orientadoras que impliquen ás familias na consecución dos obxectivos educativos.
• Informar e asesorar ás familias do alumnado, en especial do que ten ANEAE.
PROTOCOLOS PUBLICADOS POLA CONSELLERÍA: