A palabra do día

A palabra do día é unha iniciativa desenvolvida entre os mestres do noso centro, dentro das actividades do Equipo de Dinamización e Normalización Lingüística.

Esta sinxela actividade consiste en poñer no encerado da sala de mestres unha palabra relacionada co campo semántico dun tema.

 

No curso 2013-14, o proxecto anual foi "Galiza 365", polo que o vocabulario deste curso estivo relacionado coa vendima, o magosto, a mata do porco, a chuvia, a terra, os insectos, os paxaros e os insultos e palabróns en galego.

PALABRA DO DÍA 2013-14

 

 

No curso 2012-2013, o tema do proxecto anual foi "Bouzas o noso barrio". Deste xeito, as palabras do día foron dedicadas a unha rúa ou un topónimo do noso barrio.

Aquí podedes consultar o noso traballo:

A RÚA DO DÍA

 

 

PALABRA DO DÍA. CURSO 2011-12: "Un mar de sentimentos", aínda que tamén incluímos léxico relacionado coas distintas festividades anuais (magosto, nadal,...). 

Desta maneira, o vocabulario traballado foi o seguinte:

- Setembro: Vocabulario xeral dos sentimentos

- Outubro: Vocabulario do MEDO

- Novembro: Vocabulario do Magosto

- Novembro-Decembro: Vocabulario da ALEGRÍA

- Xaneiro-Febreiro: Vocabulario da TRISTURA

- Febreiro-Marzo: Vocabulario do AMOR

- Abril-Maio: Vocabulario do ENFADO

Back to top