OBRADOIRO EN FAMILIA, DÍA INTERNACIONAL DO NENO

 

Hoxe martes 19, ás 16.30h, desenvolveuse un obradoiro de profesorado e familias de Ecopercusión. Adultos e nenos traballando xuntos e, pais e nais sendo quen de ver a realidade a través dos ollos dos seus fillos. Que ledicia gozar dun obradoiro xuntos e poder "desconectar" da rutina diaria con nada máis que a música no centro da nosa atención. Primeiro foi a quenda dos máis cativos da escola, 30 minutos de batucada e logo os de primaria, 90 minutos nos que todos quedamos convertidos en verdadeiros músicos dirixidos por Diddier.


Diddier, fixonos conscientes de como unha  gran cantidade de obxectos que nos rodean poden converterse en instrumentos de percusión.

Logo,... con botes de pintura baleiros e baquetas...que máis contar, gozade coas imaxes.

Unha gran experiencia da que gozamos grazas a colaboración do CFR de Vigo, e por suposto grazas familias por colaborar e asistir, esta é a primeira "quedada" do ano, agárdannos moitas máis.

 

AdxuntoTamaño
IMG20241119164340.jpg616.13 KB
IMG20241119164345.jpg732.31 KB
IMG20241119165516.jpg756.04 KB

Back to top