Ferramentas lingüísticas

Neste apartado podedes atopar ferramentas de axuda na resolución das vosas dúbidas lingüísticas:


DICIONARIOS:

- Real Academia Galega: Dicionario normativo sen actualizar respecto da reforma do 2003.

- Estraviz: Un dos mais completos dicionarios galegos na rede. Escrito en norma reintegrada, admite tamén entradas en galego normativo.
- Dicionario CLUVI Inglés-Galego: No Corpus Lingüístico da Universidade de Vigo atopamos este dicionario en liña que nos permite traducir directamente do inglés ao galego e viceversa.
- Dicionario visual Interactivo:  Creado para que o alumnado procedente do estranxeiro explore os escenarios do contorno educativo e aprenda os termos máis comúns.

ENCICLOPEDIAS:

- Galipedia: Wikipedia en galego, con máis de 80.000 entradas.
- DIGaTIC: O primeiro dicionario enciclopédico galego sobre novas tecnoloxías que dispón de máis de catro mil termos e que se pode consultar na rede. Ademais ofrece unha utilísima serie de ligazóns de interese.  
- Loia: Web de información sobre datos e a historia da lingua galega.


ORTOGRAFÍA:

- Volga: Vocabulario ortográfico da lingua galega

- OrtoGal: Corrector ortográfico da Universidade de Vigo.

- Celenis: Conxugador de verbos en galego.

- Normas ortográficas e morfolóxicas do idioma galego: Normativa da Real Academia Galega para a Lingua Galega.

Área de asesoramento: da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia, que responde dúbidas lingüísticas.

 

Back to top