AXUDAS DE LIBROS E COMEDOR ESCOLAR 2020/2021
Publicada a Orde de participación no fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021
Benqueridas familias, saíu publicada a Orde que regula as axudas de libros e material escolar da Xunta de Galicia para o vindeiro curso 2020/2021 .(O Artigo 4 recolle a consideración de membros computables da unidade familiar)
O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 20 de maio ao 19 de xuño. Podedes consultar toda a información sobre esta orde reguladora na seguinte LIGAZÓN.
Os beneficiarios, recibirán:
· Vales para a adquisición de libros de texto para os alumnos de 1º, 2º e 3º curso de Primaria.
· Axudas para o fondo solidario de libros para o alumnado do 4º curso Primaria.
· Vales para la adquisición de material escolar en todos los cursos.
· No 5º e 6º curso de Primaria, non se piden libros, por ser un centro EDIXGAL e dispor deles de xeito electrónico.
A Consellería recomenda que dada a situación actual, as solicitudes se presenten por vía electrónica, facendo uso da seguinte LIGAZÓN.
Para a tramitación vía electrónica da solicitude é mester o uso do DNI Electrónico ou Chave 365, que se solicita nos Centros de saúde ou na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/chave365
A secretaría da escola estará ao voso dispor, para solicitudes presenciais, tódolos días lectivos de 10 a 12h con cita previa chamando ao 886120862
Para garantir a seguridade sanitaria, só pode vir unha persoa, e NON poderán vir acompañados polos nen@s.
Deben acudir ao centro provistos de tapabocas.
Documentación necesaria:
· Formulario da solicitude (Anexo 1)
· Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)
· Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.
· En caso de separación o divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.
O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o 20/05/2020 ata o 19/06/2020, ambos os dous inclusive.
- blogue de admin
- APIs de Blogue