TERCEIRO TRIMESTRE. ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS

Benqueridas familias: estamos a vivir un terceiro trimestre atípico e debido a isto, a nivel estatal, sairon unhas orientacións (publicadas no BOE) e con data 27 de abril unhas
Instruccións da Consellería.

Como xa sabedes, dende o pasado martes 14 de abril, o profesorado, en especial os titores, está en contacto coas familias polos medios dos que dispón (correo electrónico, apps de comunicación, teléfono…) sempre tendo en conta a protección do dereito á privacidade de cada mestr@; polo que as chamadas telefónicas fanse a través dun número oculto.Estas chamadas  teñen o obxecto de coñecer de primeira man como vos atopades, alumnos e familias. O profesorado ten a  obriga de identificar e tentar contactar  co alumnado desconectado ou non localizado.

Doutra banda, todos temos que adaptarnos a un novo modelo de ensino - aprendizaxe, polo que, profesorado e alumnado, deben contar cos recursos tecnolóxicos precisos para desenvolver  as tarefas escolares. Logo dun labor tedioso dos mestr@s, de detección de problemas,  a través da Consellería conseguíronse medios tecnolóxicos en  empréstito  (computadores), e a través do Servizo de voluntariado do Concello,  achegaronse os computadores e materiais ás familias. 

No que atinxe ás programacións do tercceiro trimestre, houberon de ser revisadas e refeitas para flexibilizar os plans de traballo. Dende os seus domicilios, os mestres, están a desenvolver actividades de recuperación, repaso e reforzo. E, de ser  posible, ampliación das aprendizaxes anteriores .

Do mesmo xeito, a avaliación tamén   será adaptada ás circunstancias e terá a finalidade de que o alumnado poida continuar avanzando na súa formación, agás algún caso excepcional. Esta avaliación terá un carácter diagnóstico e formativo,  nela valoraranse os avances realizados polo alumnado, e a detectaranse dos posibles atrasos que se puideran producir. O obxectivo é planificar as medidas recuperación necesarias e programar o vindeiro curso 2020/2021.

A finais de curso farase un informe  individual valorativo final. Este informe, terá   carácter informativo e orientador. Nel recollerase o traballo desenvolvido polos alumn@s e os atrasos que se puideran ter producido nas aprendizaxes e que, polo tanto,  deberán ser obxecto de tratamento durante o curso 2020/21. Por este motivo é moi importante facilitar a información ao profesorado sobre a situación de cada familia e a evolución do seu alumnado.

Criterios de avaliación:

Segundo as  Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia: “A  avaliación e cualificación adaptarase, tendo en consideración que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así como sobre as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación de aprendizaxes realizadas dende a declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, sempre e cando beneficie  ao  alumnado.”

 

A avaliación e a cualificación realizarase, tendo en conta as aprendizaxes adquiridas nos dous primeros trimestres do curso, así como as actividades desenvolvidas durante o terceiro trimestre. Esta avaliación será contínua é  a avaliación das actividades, na fase non presencial, sempre terá unha valoración  positiva para a cualificación do alumnado.

 

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS
  LINGUA EXTRANXEIRA INGLÉS
EDUCACIÓN INFANTIL   4º EI 5º EI 6º EI
EDUCACIÓN PRIMARIA   1º EP 2º EP 3º EP
  4º EP 5º EP 6º EP

   

   

PREME NOS RECADROS PARA A LECTURA DAS ADAPTACIÓNS DOS CURSOS CORRESPONDIENTES

AdxuntoTamaño
ADAPTACIÓN INGLÉS.pdf464.47 KB
ADAPTACIӓN PROGRAMACIӓN DIDÁCTICA DE 2º E.P. ANA.pdf434.42 KB
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 1º curso 1920.pdf333.25 KB
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 3º EP LISTO.pdf300.14 KB
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 4º EP CEIP VIRXE DO ROCIO COD36010009.pdf291.88 KB
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 5º DE INFANTIL.pdf321.33 KB
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 19-20 6º.pdf357.68 KB
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA QUINTO PRIMARIA COD36010009.pdf433.44 KB
ADENDA 3 ANOS.pdf241.42 KB
ADAPTACIÓN PROGRAMACIÓN DIDÁCTICA 6º DE INFANTIL.pdf355.75 KB

Back to top