AXUDAS COMEDOR COviD-19
A Consellería sacará o vindeiro luns unha Orde onde se regulan axudas para as familias usuarias do servizo de Comedor escolar, para os gratuítos e os que pagan 1€.
Máis información:
AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN INDIRECTA.CORONAVIRUS: COVID-19
1. A qué persoas vai dirixido?
A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio. E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.
2. En qué consiste a axuda?
As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19. E dicir, axúdase economicamente a manutención do alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo, por iso non pagaba os 4,50€ de comedor por día que sería o tope máximo a pagar.
3. Qué axuda se vai a percibir?
· (2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total
· (1,50 €) para o alumnado que paga 1€
4.Qué días cubre esta axuda?
· Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.
· Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.
· Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio(non incluído por ser festivo)
4. Cómo se vai a pagar?
En dous pagamentos.
· 1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).
· 2 pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.
5. Quen son os beneficiarios?
Familias que cumpren os requisitos económicos (punto 2) cun ou máis fillos escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación.
6. Cómo presentar a solicitude e qué prazo hai?
Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.
Presentación:
· Forma electrónica sempre, de dúas formas:
o 1. Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal
Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.
o 2. Dirección do centro: enviando un correo electrónico a ceip.virxe.rocio @edu.xunta.gal
cos seguintes datos:
· DNI do pai ou nai:
· Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€
· Nome do alumno/a:
· Nome do pai/nai:
· Número de cuenta bancaria:
7. Publicítase a resolución das familias beneficiadas?
NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.
Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.
8. Canto tempo tarda en resolverse a resolución?
10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.
9. Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar o pagamento?
5 díasdende que salga a resolución.
- blogue de admin
- APIs de Blogue