NOVAS PROPOSTAS DE TRABALLO. SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO
Benqueridas familias, seguindo co tempo de confinamento dende a Dirección da escola queremos continuar a facer propostas de traballo en familia.
Estamos moi contentos coa boa aceptación da cadea de concienciación # Na Casa e queremos que continuedes a mandarnos as vosas mensaxes, o obxectivo, ter mensaxes para tantos días como dure o confinamento.
Agora toca unha nova proposta:
crear unha mascota en 3 D
Unha mascota á que lle podamos poñer un nome e contar as nosas cousas, esas cousas que ao mellor non lle contamos a ninguén-
- Que quere dicir en 3 D? pois que non vale un debuxo ( que ten 2 D), ten que ser unha figura que se teña en pé , é dicir: con altura , anchura e lonxitude
- E con que a construímos? Pois con materiais de refugallo que atopemos pola casa estes días : caixas, envoltorios, arames, botóns, lá, roupa vella …
- E de que tamaño? Do que queirades. A cousa é que sexa chula.
Mandade as fotos ou vídeos ( se é que se move) dende o luns 23 de marzo ata o luns 6 de abril .
Faremos unha gran exposición virtual no Blogue :” un pase de modelos ".
Coidádea moi ben , porque teredes que traela ao cole en canto botemos fora aos dichosos virus, será O GRAN ENCONTRO MASCOTEIRO DO RESÍO.
Animádevos! Participade!
Haberá Pikeurospara todos sobre todo para as mais votadas.
Aproveitamos ademáis para informarvos de varias propostas educativas que xorden de distintos organismos, facemos fincapé en que estas propostas son só de caracter informativo e complementario, e que non suplen en ningún momento ás propostas nas que o profesorado leva traballando dende o pasado venres día 13.
5º EP: O traballo lévase a cabo a través do Entorno Virtual de Aprendizaxe EDIXGAL
6º EP: O traballo continúa a ser enviado por ecorreo.
Adxunto | Tamaño |
---|---|
IMG-20200322-WA0010.jpg | 72.19 KB |
NDP Rtve-MEFP.pdf.pdf.pdf | 87.46 KB |
PROPOSTAS CUARTO DE PRIMARIA-4.pdf | 129.97 KB |
traballo 1ª semana(1).pdf | 44.73 KB |
ACTIVIDADES POR DÍA.pdf | 129.02 KB |
TAREFAS DE 1º DE PRIMARIA. SEMANA 23-29.pdf | 50.31 KB |
TRABALLO TELEMÁTICO PROFE MARICRUZ SEMANA II PDF.pdf | 1.12 MB |
CARTA 2.pdf | 335.52 KB |
traballo 2ª semana.pdf | 102.47 KB |
Entrega traballo 2. 3 Anos-1.pdf | 78.06 KB |
- blogue de admin
- APIs de Blogue