VISITA Á BIBLIOTECA JUAN CAMPAÑEL

Os nenos e nenas de 4° e 6° de educación infantil tiveron unha saída didáctica á biblioteca Juan Compañel. Nela, o bibliotecario Cesar, comezou por ensinarlle as normas básicas que rixen este tipo de establecementos, ensinoulles as instalacións e recursos dispoñibles e cómo acceder a eles coa familia no tempo de lecer. Ademáis, contoulles un conto moi divertido e presentoulles a unha morea de personaxes que eran protagonistas noutras historias. A visita rematou coa manipulación dos contos por parte dos nenos e nenas.
Foi unha visita moi entretida e de grande interés para os cativos/as. Dende a escola, convidámosvos a ir en familia a gozar das actividades e recursos que ofrecen.

https://photos.app.goo.gl/RQS3Au2guxrcWYa18

Back to top