A IMPORTANCIA DA ESCOLA PÚBLICA
É momento de reflexionar sobre a importancia da
EDUCACIÓN PÚBLICA.
É momento de buscar información e respostar a preguntas como:
Por que nos manifestamos os mestres, pais, nais e alumnos/as?
Cal é a orixe da educación?
Como conseguir unha escola pública de calidade?
Que é a escola pública?
Por que a escola pública?
Que outros movementos ou plataformas defenden o ensino público?
Que é a Marea Verde?
Para respostar a todas estas preguntas, preme aquí
Despois de ler a información, ver os vídeos e navegar nos enlaces;
atopa a túa opinión!!
Busca unha frase que te identifique, que exprese o teu sentimento pola escola pública.
Pensa, sente .... e responde:
Na escola pública aprendín......
Grazas a escola pública....
Gústame a escola pública por ...
Apunta as túas respostas.
Con elas gravaremos un vídeo para compartir o que sentimos pola escola pública.
O alumnado de 5º de Primaria da nosa escola elaborou no curso 2012-2013 este vídeo no que expresan que é para eles a ESCOLA PÚBLICA. As conclusións expresadas e as gravacións son obra exclusiva do propio alumnado. Se queres apoiar o ensino publico, INFÓRMATE e preme aquí