DOCUMENTACIÓN PARA FORMALIZAR A MATRÍCULA

Para poder formalizar a matrícula no noso centro, DESCARGUE os documentos CÚBRAOS (dixitalmente ou a man) e PASE pola escola en  horario de secretaría.

De luns a venres     

    de 9.00  a  9.50 h

Martes

   de 16.00  a  17.00 h   

Lea as instrucións, será máis sinxelo cubrir a documentación!!

     PRAZO de MATRÍCULA do NOVO ALUMNADO
  DO 20 ao 30 de XUÑO

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:*

(Entrégase no Centro un Sobre de Matrícula con tódolos impresos mais tamén se poden descargar neste web)

               1.Autodeclaración

*As solicitudes presentaranse debidamente cubertas e asinadas, na Secretaría do Centro durante o horario de apertura ao público da mesma.

CLAUSTRO

 

Somos un grupo de mestr@s que toman moi en serio o seu traballo.

 

  EDUCACIÓN  INFANTIL
  • Eva Madarnás
  • Olalla León     
  • Olivia Rodríguez
  • Mª Luz Paz
  EDUCACIÓN  PRIMARIA
  • Chelo Pérez
  • Rebeca Argibay
  • Mónica Díaz
  • Juan L. Fernández
  • Susana Martínez
  • Begoña Fernández
  ESPECIALISTAS
  • Rebeca Argibay          Música
  • Mª Olga Álvarez       Inglés
  • Juan L. Fernández    Ed. Física
  • Ángela Novoa            Ed. Plástica
  • Mercedes Diz           Relixión Católica
  • Rafael Lorenzo        Audic. e Linguaxe
  • Carmen Arnáiz    Ped. Terapéutica
  • Mercedes Fernández       Orientadora

 

 

CONTAS E-CORREO do PROFESORADO

ANA

anapc@colexiorocio.com

ÁNGELA

angelanb@colexiorocio.com

BEGOÑA

begonhafg@colexiorocio.com

CARMEN

carmenam@colexiorocio.com

CHELO

chelopf@colexiorocio.com

EVA

evamr@colexiorocio.com

JUAN

juanlf@colexiorocio.com

MARILUZ

mariluzps@colexiorocio.com

MERCEDES

mercedv@colexiorocio.com

MÓNICA

monicadp@colexiorocio.com

OLALLA

olallasl@colexiorocio.com

OLGA

olgaas@colexiorocio.com

OLIVIA

oliviarb@colexiorocio.com

ORIENTACIÓN

orientacion@colexiorocio.com

RAFAEL

rafaellsm@colexiorocio.com

REBECA

rebecaar@colexiorocio.com

SUSANA

susanamg@colexiorocio.com

 

 

 

 

 

 

CEIP VIRXE DO ROCIO

CEIP. VIRXE DO ROCÍO

Rúa Rocío, 70

36208 (Vigo) Pontevedra

ceip.virxe.rocio@edu.xunta.es

 

VIGUESES DISTINGUIDOS

 

A nosa Comunidade Educativa está de noraboa!

O Concello recoñece o noso labor educativo e de formación tras 75 anos de historia, polo que nos concende por esta traxectoria este galardón.

Grazas!
 

 

 

 

 CAMBIO DE NOME DA NOSA ESCOLA

https://virxedorocio.blogspot.com.es/2018/05/queremos-saber-queremos-informar.html

A NOSA ESCOLA RECIBE UNHA MENCIÓN HONORÍFICA

 

A nosa escola é un centro que está adscrito dende o 6 de febreiro de 2015 ao

IES. ALEXANDRE BÓVEDA.

RISCO NO USO DE PANTALLAS INTERACTIVAS

Desde inicio de curso alertamos ás familias do risco que supón o uso de pantallas interactivas para o desenvolvemento cerebral dos nenos e nenas en idade escolar.

 O uso de móbiles e tablets sen control,  antes dos 12 anos dificulta o desenvolvemento da corteza prefrontal, concretamente da zona especializada das funcións cognitivas como son, entre outras:

*      A capacidade de atención

*      A memoria de traballo

*      control dos impulsos

*      A capacidade de reflexionar, planificar e decidir

*      A xestión das emocións

*      A tolerancia á frustración

Sen estas capacidades os procesos de aprendizaxe e de socialización tórnanse complicados.

Estes efectos prexudiciais están demostrados con evidencia científica. As aplicacións de xogos e vídeos das pantallas interactivas están especialmente deseñadas con complexos algoritmos para telos o máximo tempo posible xogando, para “enganchar” aos consumidores, non para educalos. A través de rápidas imaxes, luz e sons que sobreactivan a liberación de neurotransmisores como a dopamina, activan mecanismos cerebrais de desexo e de recompensa que xeran adicción.

Ademais destes danos cognitivos evidéncianse atrasos na linguaxe oral, nas habilidades sociais e comunicativas e no comportamento. Ata os 16 anos non se dan as condicións mínimas para que sexa a persoa a que usa o móbil e non ao revés.

Na etapa adolescente están a padecer, ademais de fracaso escolar e ciberacoso, serios problemas na súa saúde mental como son:

  • Ø  Illamento social
  • Ø  Alteracións do sono e da alimentación
  • Ø  Cambios de humor e trastornos de conduta
  • Ø  Ansiedade e depresión
  • Ø  Ludopatía
  • Ø  Consumo normalizado de pornografía (mesmo en idades moi temperás: desde os 8 anos)

 

Os nenos e nenas en idade escolar non necesitan as pantallas interactivas de móbiles e tablets nin as consolas para entreterse ou encher tempos de espera, non necesitan xogos dixitais adictivos, nin ligar un vídeo tras outro de Youtube ou TikTok. Non necesitan usar nin entreterse con pantallas interactivas que se disfrazan de xogos educativos.

A estimulación e o ambiente no que cada cerebro se desenvolve é determinante para unha boa saúde cognitiva, para un adecuado desenvolvemento intelectual, emocional e social. Eles e elas crecen, aprenden e desenvólvense grazas ao xogo manipulativo e social. O xogo é chave para un desenvolvemento cognitivo e social saudable.

Sen reflexión e toma de decisións por parte das persoas adultas para regular as condicións de uso das tecnoloxías, estes serios problemas, que xa son realidades nas nosas aulas e nas nosas casas, seguirán aumentando.

 

Desde a escola recomendamos reducir ao máximo- o uso por parte dos nenos e nenas do móbil, tablets e consolas como elemento de lecer.

Tomemos conciencia, está en xogo a saúde mental da nosa infancia e adolescencia.

 

 

Setembro 2023

 

Departamento de Orientación

 

CEIP O Resío

 

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

1. As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos. A xunta electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.

2. A xunta electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, constituirase entre os días 2 e 8 de no­vembro de 2022, ambos os dous incluídos.

3. De conformidade co establecido no artigo 31.b) do Decreto 92/1988, do 28 de abril, é competencia da xunta electoral concretar o calendario electoral. As xuntas electorais terán presente, en todo caso, que o prazo de admisión de candidatos non deberá ser inferior a sete días naturais.

 

4. Os centros que comezaron o seu funcionamento no curso 2020/21 no curso 2021/22 levarán a cabo a primeira renovación do consello escolar prevista na lexislación vixente, de acordo co calendario xeral previsto nesta mesma epígrafe.   

   

Renovación dos compoñentes do Consello Escolar 2022-2023

Terceiro. Determinación dos membros que se van renovar e períodos de nomeamento

Para determinar os membros do consello escolar que deben ser renovados terase en conta o establecido nos correspondentes decretos polos que se establecen os regulamen­tos orgánicos.

Modificación do número de compoñentes do Consello Escolar 2022-2023

Cuarto. Modificación do número de membros do consello escolar

Os centros modificarán en cada renovación parcial o número de membros do consello escolar en función do número de unidades que teñan nese momento.

Ver calendario.

Convocatoria sector pais e nais.

 

 

PROA +

Hoxe comeza a formar parte do equipo educativo da escola unha nova mestra, a mestra do programa PROA +

PERCORRE AS NOSAS INSTALACIÓNS, VISITA VIRTUAL

Visita as nosas instalacións ao teu gusto. Nós facemosche a proposta, ti elixes o ritmo, queremos ser a vosa escola. Se premes no espazo poderás visitar a zona da escola elixida cunha visión 360º

SERVIZOS:

AXUDAS MUNICIPAIS PARA EDUCACIÓN INFANTIL, LIBROS E MATERIAL ESCOLAR CURSO 2020/2021

Acaba de saír publicada a  convocatoria  para as axudas municipais de libros, mateiral escolar e comedora para alumn@s de centros docentes públicos e privados concertados de Educación Infantil , Educación Primaria e Secundaria para o curso 2020-2021.

Na nosa escola, ao ter un comedor da Xunta de Galicia, non lle corresponden estas axudas de comedor pero sí para libros e material escolar en educación infantil.

Aquelas  persoas que teñan unha situación socioeconómica comprometida neste tempo poderán presentar os ingresos do primeiro trimestre do ano 2020 para xustificar a situación de desamparo económico.
 
 

 

Distribuir contido

Back to top