blogue deadmin

RISCO NO USO DE PANTALLAS INTERACTIVAS

Desde inicio de curso alertamos ás familias do risco que supón o uso de pantallas interactivas para o desenvolvemento cerebral dos nenos e nenas en idade escolar.

 O uso de móbiles e tablets sen control,  antes dos 12 anos dificulta o desenvolvemento da corteza prefrontal, concretamente da zona especializada das funcións cognitivas como son, entre outras:

*      A capacidade de atención

*      A memoria de traballo

*      control dos impulsos

*      A capacidade de reflexionar, planificar e decidir

*      A xestión das emocións

*      A tolerancia á frustración

Sen estas capacidades os procesos de aprendizaxe e de socialización tórnanse complicados.

Estes efectos prexudiciais están demostrados con evidencia científica. As aplicacións de xogos e vídeos das pantallas interactivas están especialmente deseñadas con complexos algoritmos para telos o máximo tempo posible xogando, para “enganchar” aos consumidores, non para educalos. A través de rápidas imaxes, luz e sons que sobreactivan a liberación de neurotransmisores como a dopamina, activan mecanismos cerebrais de desexo e de recompensa que xeran adicción.

Ademais destes danos cognitivos evidéncianse atrasos na linguaxe oral, nas habilidades sociais e comunicativas e no comportamento. Ata os 16 anos non se dan as condicións mínimas para que sexa a persoa a que usa o móbil e non ao revés.

Na etapa adolescente están a padecer, ademais de fracaso escolar e ciberacoso, serios problemas na súa saúde mental como son:

  • Ø  Illamento social
  • Ø  Alteracións do sono e da alimentación
  • Ø  Cambios de humor e trastornos de conduta
  • Ø  Ansiedade e depresión
  • Ø  Ludopatía
  • Ø  Consumo normalizado de pornografía (mesmo en idades moi temperás: desde os 8 anos)

 

Os nenos e nenas en idade escolar non necesitan as pantallas interactivas de móbiles e tablets nin as consolas para entreterse ou encher tempos de espera, non necesitan xogos dixitais adictivos, nin ligar un vídeo tras outro de Youtube ou TikTok. Non necesitan usar nin entreterse con pantallas interactivas que se disfrazan de xogos educativos.

A estimulación e o ambiente no que cada cerebro se desenvolve é determinante para unha boa saúde cognitiva, para un adecuado desenvolvemento intelectual, emocional e social. Eles e elas crecen, aprenden e desenvólvense grazas ao xogo manipulativo e social. O xogo é chave para un desenvolvemento cognitivo e social saudable.

Sen reflexión e toma de decisións por parte das persoas adultas para regular as condicións de uso das tecnoloxías, estes serios problemas, que xa son realidades nas nosas aulas e nas nosas casas, seguirán aumentando.

 

Desde a escola recomendamos reducir ao máximo- o uso por parte dos nenos e nenas do móbil, tablets e consolas como elemento de lecer.

Tomemos conciencia, está en xogo a saúde mental da nosa infancia e adolescencia.

 

 

Setembro 2023

 

Departamento de Orientación

 

CEIP O Resío

 

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2023/24

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2023/24

Prazo de presentación: do 8 de maio ata o 20 de setembro do 2023

Atendendo á publicación no BOE poderán solicitar as axudas "o alumnado que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais". Así mesmo, poderán solicitar ditas axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

"Esta convocatoria inclúe como novidade un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo, que terá un importe de 400 euros (...), que se sumará ás cuantías que xa figuraban en convocatorias anteriores, resultando un incremento adicional das axudas." Esta axuda diríxese ao alumando que presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, trastornos do espectro autista e altas capacidades intelectuais.

Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía Internet.
Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están na seguinte ligazón: 
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Despois de cubrir e pechar a solicitude teñen que imprimila en papel e asinala. Así mesmo, no gabinete psicopedagóxico ao que acode o seu fillo/a terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado dos documentos impresos da solicitude.
Posteriormente deberán entregar no Departamento de Orientación do seu centro os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo xunto coa documentación requerida: (certificado do número da conta bancaria do alumno/a,  e de selo caso, diagnóstico médico do Sergas,certificado de discapacidade e/ ou título de familia numerosa). 
Poden comprobar a documentación requerida no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html

Así mesmo, poden consultar toda a información da convocatoria no seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

 

ELECCIÓN DOS REPRESENTANTES DE NAIS, PAIS OU TITORES LEGAIS

En adxunto publicase a circular informativa para a elección dos representantes de nais, pais ou titores legais do alumnado ao Consello Escolar.

RENOVACIÓN PARCIAL CONSELLO ESCOLAR

1. As eleccións dos representantes dos distintos sectores da comunidade educativa no consello escolar realizaranse entre os días 23 e 29 de novembro de 2022, ambos os dous incluídos. A xunta electoral, co fin de que todos os sectores implicados poidan participar, establecerá un calendario para as votacións correspondentes.

2. A xunta electoral regulada no artigo 30 do Decreto 92/1988, do 28 de abril, segundo a redacción dada polo Decreto 324/1996, do 26 de xullo, polo que se aproba o Regulamento orgánico dos institutos de educación secundaria, constituirase entre os días 2 e 8 de no­vembro de 2022, ambos os dous incluídos.

3. De conformidade co establecido no artigo 31.b) do Decreto 92/1988, do 28 de abril, é competencia da xunta electoral concretar o calendario electoral. As xuntas electorais terán presente, en todo caso, que o prazo de admisión de candidatos non deberá ser inferior a sete días naturais.

 

4. Os centros que comezaron o seu funcionamento no curso 2020/21 no curso 2021/22 levarán a cabo a primeira renovación do consello escolar prevista na lexislación vixente, de acordo co calendario xeral previsto nesta mesma epígrafe.   

   

Renovación dos compoñentes do Consello Escolar 2022-2023

Terceiro. Determinación dos membros que se van renovar e períodos de nomeamento

Para determinar os membros do consello escolar que deben ser renovados terase en conta o establecido nos correspondentes decretos polos que se establecen os regulamen­tos orgánicos.

Modificación do número de compoñentes do Consello Escolar 2022-2023

Cuarto. Modificación do número de membros do consello escolar

Os centros modificarán en cada renovación parcial o número de membros do consello escolar en función do número de unidades que teñan nese momento.

Ver calendario.

Convocatoria sector pais e nais.

 

 

PROA +

Hoxe comeza a formar parte do equipo educativo da escola unha nova mestra, a mestra do programa PROA +

MEMORIA FIN DE CURSO

NOVO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COVID A 20 DE MAIO DE 2022

Xúntase o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, versión 20/05/2022.

 

 

AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

No día de hoxe sae publicada a Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23.

A Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).

  • O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).

 

ADMISIÓN ALUMNADO PARA O CURSO 2022 / 2023

Comunícase que todas as solicitudes de admisión presentadas en prazo no CEIP. VIRXE DO ROCÍO (O RESÍO), están admitidas.

 

SOLICITUDES DE ADMISIÓN

Acaba de sair publicada a nova normativa de admisión de alumnado.

Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos publicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación

PRAZO DE SOLICITUDE DE ADMISIÓN: Do 1 ao 20 de marzo

DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR:

  • DNI dos solicitantes
  • DNI, ou libro de familia, no que se acredita a idade do/a neno/a
  • Padrón Municipal conxunto
  • Outra documentación a presentar polos representantes para alegar no baremo.

Artigo 9. Criterios de admisión do alumnado e puntuación

  • 1. Nos centros docentes sostidos con fondos públicos onde non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou de admisión, para determinar a orde de prelación do alumnado, teranse en conta os seguintes criterios:
    • a) Por unha irmá ou un irmán matriculados no centro: oito puntos; polo segundo e seguintes, dous puntos por cada un, co máximo de catorce puntos.
    • b) Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.
      1º. Por proximidade do domicilio familiar: se está na área de influencia do centro, oito puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, catro puntos.
      2º. Por proximidade do lugar de traballo: se está na área de influencia do centro, seis puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, tres puntos.
    • c) Por renda per cápita da unidade familiar. A puntuación, por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do exercicio fiscal a que corresponde a renda, será a seguinte:
      1º. Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: tres puntos.
      2º. Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: dous puntos.
      3º. Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: un punto.
      4º. Se é igual ou superior ao IPREM: cero puntos.
    • d) Por persoa proxenitora, titora ou acolledora traballadora do centro docente tres puntos, con independencia de que traballen ambas.
    • e) Por familia numerosa: de categoría especial, tres puntos; de categoría xeral, dous puntos.
    • f) No caso de irmáns nados dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro, corresponderanlles oito puntos se son dous e dez puntos se son máis de dous.
    • g) No caso de familia monoparental: dous puntos.
    • h) Por discapacidade igual ou superior ao 33 % dos membros computables da unidade familiar, a puntuación indicada a seguir co máximo de catro puntos:
      1º. Alumno/a: catro puntos.
      2º. Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, ou o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora: tres puntos.
      3º. Calquera das irmás ou dos irmáns: un punto por cada un.
      Así mesmo, terá esta consideración a percepción da pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.
    • i) Por condición de vítima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar: dous puntos.
    • j) Por condición de vítima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar: dous puntos.
    • k) Por criterio complementario, consistente en circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos, que terán que publicar antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión: un punto.
    • l) Polo expediente académico para ensinanzas de bacharelato a puntuación será a seguinte:
      1º. Nota media de sobresaliente: dous puntos.
      2º. Nota media de notable: un punto.
      3º. Por nota media de ben: medio punto.
  • 2. O momento e a forma de alegar e acreditar os criterios de admisión será o que se estableza mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de educación.
  • 3. En caso de empate na puntuación total resolverase atendendo á maior puntuación obtida en cada un dos criterios de baremo referidos, seguindo a mesma orde do punto 1 deste artigo. De manterse o empate, resolverase por sorteo público na forma que estableza a orde que desenvolva este decreto.
Distribuir contido

Back to top