ENTREGA DE BOLETÍNS DA SEGUNDA AVALIACIÓN

Benqueridas familias, o ESPAZO ABALAR  será o medio a través do que se recibirán os boletíns de cualificacións correspondientes á segunda avaliación que ían ser entregados de xeito persoal o pasado martes día 24.

Neste espazo sairán publicadas o venres día 3 de abril ás 10h.

Para poder recibilas deberán ter descargada a App abalarMóbil

Infórmase de que no seguintedocumento ponse ao dispor de todos os interesados toda a información relativa da aplicación Abalar para a súa descarga e o seu manual de uso. 

 

 

AXUDAS COMEDOR COviD-19

A Consellería sacará o vindeiro luns unha Orde onde se regulan axudas para as familias usuarias do servizo de Comedor escolar, para os gratuítos e os que pagan 1€.

Máis información:

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN INDIRECTA.CORONAVIRUS: COVID-19

 

1.   A qué persoas vai dirixido?

 

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio. E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.

 

2.   En qué consiste a axuda?

 

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19. E dicir, axúdase economicamente a manutención do alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo, por iso non pagaba os 4,50€ de comedor por día que sería o tope máximo a pagar.

 

3.   Qué axuda se vai a percibir?

·        (2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total

·         (1,50 €) para o alumnado que paga 1€

 

 

4.Qué días cubre esta axuda?

 

·        Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.

·        Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.

·        Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio(non incluído por ser festivo)

4.   Cómo se vai a pagar?

 

En dous pagamentos.

·        1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

·        2 pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

 

5.   Quen son os beneficiarios?

 

Familias que cumpren os requisitos económicos (punto 2) cun ou máis fillos  escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación.

 

6.   Cómo presentar a solicitude e qué prazo hai?

 

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

Presentación:

·        Forma electrónica sempre, de dúas formas:

o   1. Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

o   2. Dirección do centro: enviando un correo electrónico a ceip.virxe.rocio @edu.xunta.gal

cos seguintes datos:

·        DNI do pai ou nai:

·        Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€

·        Nome do alumno/a:

·        Nome do pai/nai:

·        Número de cuenta bancaria:

 

7.   Publicítase a resolución das familias beneficiadas?

 

NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.

 

8.   Canto tempo tarda en resolverse a resolución?

 

10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

9.   Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar o pagamento?

 

5 díasdende que salga a resolución.

 

 

 

 

 

 

 

 

NOVAS PROPOSTAS DE TRABALLO. SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

Benqueridas familias,  seguindo co tempo de confinamento dende a Dirección da escola queremos continuar a facer propostas de traballo en familia.

Estamos moi contentos coa boa aceptación da cadea de concienciación # Na Casa e queremos que continuedes a mandarnos as vosas mensaxes, o obxectivo, ter mensaxes para tantos días como dure o confinamento.

Agora toca unha nova proposta:

 

crear unha mascota en 3 D

Unha mascota á que lle podamos poñer un nome e contar as nosas cousas, esas cousas que ao mellor non lle contamos a ninguén-

- Que quere dicir en 3 D? pois que non vale un debuxo ( que ten 2 D), ten que ser unha figura que se teña en pé , é dicir: con  altura , anchura e lonxitude

- E con que a construímos? Pois con materiais de refugallo que atopemos pola casa estes días : caixas, envoltorios, arames, botóns, lá, roupa vella …

- E de que tamaño? Do que queirades. A cousa é que sexa chula.

Mandade as fotos ou vídeos ( se é que se move) dende o luns 23 de marzo ata o luns 6 de abril .

Faremos unha gran exposición virtual no Blogue :” un pase de modelos ".

Coidádea moi ben , porque teredes que traela ao cole en canto botemos fora aos dichosos virus, será O GRAN ENCONTRO MASCOTEIRO  DO  RESÍO.

    Animádevos!    Participade!    

      Haberá Pikeurospara todos sobre todo para as mais votadas.

Aproveitamos ademáis para informarvos de varias propostas educativas que xorden de distintos organismos, facemos fincapé en que estas propostas son só de caracter informativo e complementario, e que non suplen en ningún momento ás propostas nas que o profesorado leva traballando dende o  pasado venres día 13.

 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48051/xunta-propon-unha-programacion-lecer-cultural-para-toda-familia-eido-dixital

 

4º EI

5º EI

6º EI

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP: O traballo lévase a cabo a través do Entorno Virtual de Aprendizaxe EDIXGAL

6º EP: O traballo continúa a ser enviado por ecorreo.

 

 

ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES CURSO 2024/2025

Queridas familias, enviamos o calendario de actividades extraescolares que este ano oferta a ANPA do Resio. Como temos que facer os grupos para empezar o 30 de setembro ou 1 de outubro, agradecemos se vos podedes registrar canto antes. Lembrade que é preciso ser socias da ANPA e, unha vez inscritos, facer o pago da actividade nos 5 primeiros días do mes en curso da actividade. Aquí encontraredes as actividades, co prezo e o enlace para a inscripción.

Gracias e un saúdo
https://forms.gle/Uqy1x1qD3op8EiPg6

 

 

 

 

ACTIVIDADES INICIO DE CURSO

 

Comeza o novo curso escolar e con el a necesidade de conciliar a nosa vida laboral e familiar. Para facilitarvos esa labor o ANPA propón unha serie de actividades.

Para facer a preinscrición deberedes cubrir a seguinte ligazón https://forms.gle/51iUt6PEyLyNSjZA9 


Lembrade que para facer uso de este servizo é necesario que a familia sexa socia da ANPA.
O pago deberá facerse nos cinco primeiros días do mes na conta da ANPA, indicando no
concepto Extraescolares e o nome do alumno/a.
Número de conta da ANPA ES 61 2080 5016 03 3040006416
Correo: anpaosirmandinhos@gmail.com

Teléfono 604 026 358

BOLSAS 2024/2025

in

Axudas municipais de libros, material escolar e comedor.

 

 

 Axudas municipais de libros, material escolar e comedor para alumnos/as de centros docentes públicos e privados concertados de educación infantil (2ª etapa), educación primaria e secundaria do Concello de Vigo

 

 

 

 

 

O NOSO COMEDOR

O Comedor Escolar é un servizo educativo complementario que contribúe á organización da vida familiar.

A xestión do Servizo  correspóndelle  á XUNTA DE GALICIA  e lévase na modalidade de xestión indirecta. Unha empresa elabora as comidas nas súas propias instalacións e fainas chegar ao Centro diariamente. Para o presente curso escolar, a empresa encargada do servizo é MEDITERRANEA.

A prestación do servizo de comedor coincide co calendario lectivo do alumnado, en horario de 14.00 a 16.00  horas. Inclúe os servizos de xantar e  atención aos usuari@s nos períodos de lecer anterior e posterior ao mesmo.

          No actual curso escolar ofértanse 128 prazas de comensais.


Os representantes legais do alumnado poderán manifestar o seu desexo de utilizar o servizo de comedor facéndoo constar no período de matriculación para o curso seguinte.

Para o curso 2024/25, a solicitude de praza e a documentación que acredite o dereito a beneficiarse dalgunha das axudas para comedor,  presentarase na Secretaría do centro. O modelo de solicitude pódese descargar neste Web ou recoller no propio centro

Xunto coa solicitude, entregarase:

  

  •   Autorización á empresa adxudicataria do servizo,  a cargar na súa  conta bancaria os recibos mensuais polos  menús consumidos. Esta autorización pódese descargar neste Web ou solicitarse no centro.

 


NORMAS DE OBRIGADO CUMPRIMENTO DO SERVIZO

 

MENÚ BASAL MES DE SETEMBRO

MENÚ BASAL MES DE OUTONO

MENÚ BASAL MES DE SANTOS

 

 

 

 

 

 

 

Distribuir contido

Back to top