blogue deadmin

ENTREGA DE BOLETÍNS DA SEGUNDA AVALIACIÓN

Benqueridas familias, o ESPAZO ABALAR  será o medio a través do que se recibirán os boletíns de cualificacións correspondientes á segunda avaliación que ían ser entregados de xeito persoal o pasado martes día 24.

Neste espazo sairán publicadas o venres día 3 de abril ás 10h.

Para poder recibilas deberán ter descargada a App abalarMóbil

Infórmase de que no seguintedocumento ponse ao dispor de todos os interesados toda a información relativa da aplicación Abalar para a súa descarga e o seu manual de uso. 

 

 

AXUDAS COMEDOR COviD-19

A Consellería sacará o vindeiro luns unha Orde onde se regulan axudas para as familias usuarias do servizo de Comedor escolar, para os gratuítos e os que pagan 1€.

Máis información:

 

AXUDAS COMEDOR ESCOLAR XESTIÓN INDIRECTA.CORONAVIRUS: COVID-19

 

1.   A qué persoas vai dirixido?

 

A presente orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras dunha liña de axudas as familias do alumnado que ostenta a condición de gratuíto e do que por renda familiar resulta pagador dun euro nos centros educativos públicos non universitarios xestionados pola Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional que imparten os niveis de ensinanza básica obrigatoria no segundo ciclo de educación infantil, en educación primaria e no ensino secundario obrigatorio. E dicir, a familias que durante o curso escolar pagan 0 euros polo comedor, ou 1€ polo mesmo.

 

2.   En qué consiste a axuda?

 

As axudas económicas previstas consisten nunha compensación do custo diario do menú por comensal, entendido como o servizo de comida ao mediodía, e polos días de lectivos de suspensión da prestación do servizo como consecuencia das medidas adoptadas pola pandemia do COVID-19. E dicir, axúdase economicamente a manutención do alumno/a que é o que se viña a facer no centro educativo, por iso non pagaba os 4,50€ de comedor por día que sería o tope máximo a pagar.

 

3.   Qué axuda se vai a percibir?

·        (2,50 €) no casos de alumnado gratuidade total

·         (1,50 €) para o alumnado que paga 1€

 

 

4.Qué días cubre esta axuda?

 

·        Marzo: dende o día 16 ata o 31 de marzo: en total só 11 días lectivos.

·        Abril: dende o 1 ó 3 de abril: en total só 3 días.

·        Prórroga: si se prolonga outros 15 días cubriría (días lectivos) ata o 1 de maio(non incluído por ser festivo)

4.   Cómo se vai a pagar?

 

En dous pagamentos.

·        1 pagamento: polo período de marzo e o de abril ata semana santa (3 abril).

·        2 pagamento: si se prorroga unha terceira situación de alarma ata o 1 de maio.

 

5.   Quen son os beneficiarios?

 

Familias que cumpren os requisitos económicos (punto 2) cun ou máis fillos  escolarizados en centros educativos ó cargo da Consellería de Educación.

 

6.   Cómo presentar a solicitude e qué prazo hai?

 

Prazo: dende o día 31 de marzo o 6 de abril, ambos inclusive.

Presentación:

·        Forma electrónica sempre, de dúas formas:

o   1. Formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal

Para elo é necesario ter certificado dixital, ou a chave 365.

o   2. Dirección do centro: enviando un correo electrónico a ceip.virxe.rocio @edu.xunta.gal

cos seguintes datos:

·        DNI do pai ou nai:

·        Pagamento: gratuidade total ou abono de 1€

·        Nome do alumno/a:

·        Nome do pai/nai:

·        Número de cuenta bancaria:

 

7.   Publicítase a resolución das familias beneficiadas?

 

NON, porque son datos de especial vulnerabilidade, entón non será exposto publicamente as familias beneficiadas de acordo artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, a Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional.

Aclaración: cada familia saberá si é beneficiaria por ingreso de conta bancaria.

 

8.   Canto tempo tarda en resolverse a resolución?

 

10 días, desde que finalice o prazo de presentación de solicitudes.

9.   Canto tempo tarda a Xunta de Galicia en aboar o pagamento?

 

5 díasdende que salga a resolución.

 

 

 

 

 

 

 

 

AXUDAS MUNICIPAIS POLA CRISE DO CORONAVIRUS

NOVAS PROPOSTAS DE TRABALLO. SEMANA DO 23 AO 27 DE MARZO

Benqueridas familias,  seguindo co tempo de confinamento dende a Dirección da escola queremos continuar a facer propostas de traballo en familia.

Estamos moi contentos coa boa aceptación da cadea de concienciación # Na Casa e queremos que continuedes a mandarnos as vosas mensaxes, o obxectivo, ter mensaxes para tantos días como dure o confinamento.

Agora toca unha nova proposta:

 

crear unha mascota en 3 D

Unha mascota á que lle podamos poñer un nome e contar as nosas cousas, esas cousas que ao mellor non lle contamos a ninguén-

- Que quere dicir en 3 D? pois que non vale un debuxo ( que ten 2 D), ten que ser unha figura que se teña en pé , é dicir: con  altura , anchura e lonxitude

- E con que a construímos? Pois con materiais de refugallo que atopemos pola casa estes días : caixas, envoltorios, arames, botóns, lá, roupa vella …

- E de que tamaño? Do que queirades. A cousa é que sexa chula.

Mandade as fotos ou vídeos ( se é que se move) dende o luns 23 de marzo ata o luns 6 de abril .

Faremos unha gran exposición virtual no Blogue :” un pase de modelos ".

Coidádea moi ben , porque teredes que traela ao cole en canto botemos fora aos dichosos virus, será O GRAN ENCONTRO MASCOTEIRO  DO  RESÍO.

    Animádevos!    Participade!    

      Haberá Pikeurospara todos sobre todo para as mais votadas.

Aproveitamos ademáis para informarvos de varias propostas educativas que xorden de distintos organismos, facemos fincapé en que estas propostas son só de caracter informativo e complementario, e que non suplen en ningún momento ás propostas nas que o profesorado leva traballando dende o  pasado venres día 13.

 

https://www.xunta.gal/notas-de-prensa/-/nova/48051/xunta-propon-unha-programacion-lecer-cultural-para-toda-familia-eido-dixital

 

4º EI

5º EI

6º EI

1º EP

2º EP

3º EP

4º EP

5º EP: O traballo lévase a cabo a través do Entorno Virtual de Aprendizaxe EDIXGAL

6º EP: O traballo continúa a ser enviado por ecorreo.

 

 

ACTIVIDADE GRATUITA, SETEMBRO 2024

in

Benqueridas familias, temos a oportunidade de ofertar dende a ANPA e gracias ao Club de Atletismo Celta, unhas xornadas para coñecemento e práctica de atletismo nas tardes de setembro no cole para facilitar a conciliación das familias mentras non comezan as extraescolares en Outubro.
Son actividades gratuitas para practicar atletismo e coñecer as diferentes actividades así como un curso de primeiros auxilios e unha festa final.
As prazas son limitadas e o plazo estará aberto ata o martes 17.
Será todos os días de 4 a 6, pero poden faltar máximo dous días cada semana. Terán un curso de primeiros auxilios, atletismo, xincanas e unha festa final.
 
 
 CARTA DE BENVIDA, CURSO 2024/2025

Benqueridas familias, na seguinte carta, damos a carta de benvida oa novo curso escolar e enviamos a ligazón  á ficha de inscripción de socia que este ano tramitaremos de xeito online. Se algunha familia prefire facelo en papel, contactade con nós.

 

 

 CAMPAMENTO VERÁN RESÍO 2024

A ANPA Os Irmandiños organiza na nosa escola o CAMPAMENTO DE VERÁN 2024

Poderás encontrar toda a información na seguinte ligazón

https://forms.gle/ZxV7aPNn1orcUsBb7

 

ÁNIMATE TAMÉN NO VERÁN A DESFRUTAR NO RESÍO

 

 

 

 

EXCURSIÓN FIN DE CURSO

 

Retomamos as VIAXES EN FAMILIA na Comunidade Educativa. Para celebrar este fin de curso imos de excursión ÁS ILLAS CIES.

Día Sábado 15 de Xuño.

Saida Vigo 10:15 horas.

Volta Illas Cíes 20:00

Todo o alumnado pode vir acompañado polas súas familias e amizades.

Billete 9 € por persoa ( 0-4 anos viaxan de balde)

Derradeiro día para facer a inscrición Mércores 29 de Maio
(Os martes 21 e 28 de maio estaremos na escola de 4 a 5:30 persoas do Anpa por si tedes algunha dúbida para facer a inscrición)

CARTA

DOCUMENTO DATOS FAMILIAS

MATRÍCULA NOVO ALUMNADO CURSO 2024/2025

 PRAZO de MATRÍCULA do NOVO ALUMNADO:

DO 20 AO 30 DE XUÑO

Comeza o prazo de formalización de  matrícula para o vindeiro curso.

 Familias, podedes pasar pola escola para encher a documentación de matrícula a partir do vindeiro luns 20. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño.

 Para a formalización da matrícula tedes que pasar pola escola e recoller o sobre coa documentación a cubrir e traer a seguinte documentación:

  • Fotocopia do DNI (de todos os membros da unidade familiar)
  • Fotocopia do libro de vacinacións.
  • Fotocopia da tarxeta sanitaria.
  • Dúas fotografías de tamaño carné.

 

Para descargar a documentación e cubrir en liña, prema na seguinte ligazón

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxerocio/?q=node/51

 

 

 

FONDO SOLIDARIO LIBROS DE TEXTO CURSO 2024/2025

Fondo solidario de libros de texto e axudas para a adquisición de libros de texto e material escolar

 

Curso 2024/2025


Prazo de solicitude:    do 21/5/2024 a 21/6/2024, incluídos

Texto da convocatoria:  ORDE do 7 de maio de 2024 (DOG do 20 de maio)

Procedemento administrativo:  ED330B


 

♦ Forma de presentación de solicitudes:

  • Electrónica: utilice esta aplicación e presente solicitude na Sede Electrónica  [iniciar].

           IMPORTANTE: na presentación electrónica deberá presentar unha solicitude individual para cada un dos seus fillos.

           NECESITARÁ ter: A) conta de Chave365, ou B) ter instalado certificado dixital (guía) ou DNI electrónico e máis a aplicación Autofirma

  • Presencial con asistencia da aplicación : cubra os datos nesta aplicación, imprima os Anexos I e II producidos e presenteos no centro educativo [iniciar].
  • Presencial manual: cubra os Anexo I e Anexo II  da Orde da convocatoria e presénteos no centro educativo.

O alumnado que non estea admitido nin coñeza en que centro vai estar escolarizado no curso escolar 2024-2025, deberá presentar a solicitude no centro no que está matriculado no curso 2023-2024.

As solicitudes por incorporación ao centro educativo fóra do prazo establecido poderán presentarse unicamente de xeito presencial no propio centro, ata o 31/3/2025.

 

♦ Documentación complementaria:

  • Especificase no artigo 11 da Orde de convocatoria
  • NON será necesario xuntar coa solicitude os DNIs, NIEs, acreditacións de discapacidade expedidas pola Xunta, acreditacións de pensión por incapacidade, ou declaracións de IRPF, sempre que NON sinale oposición á comprobación telemática pola administración (para a declaración de IRPF requírese autorización expresa) [artigo 12 da Orde de convocatoria]
  • A administración poderá reclamar a presentación de documentación cando non sexa posible a verificación por vía telemática

 

 

♦ Resumo do fondo e axudas:

 

♦ Prazos establecidos na convocatoria:

 

 

 

ED330B.

Distribuir contido

Back to top