MEDIDAS DE PREVENCIÓN COVID-19 HORARIO DA SECRETARÍA DA ESCOLA

A secretaría da escola estará ao voso dispor, para solicitudes presenciais, tódolos días lectivos de 10 a 12h con cita previa chamando ao 886120862

Para garantir a seguridade sanitaria, só pode vir unha persoa, e NON poderán vir acompañados polos nen@s.

Deben acudir ao centro provistos de tapabocas.

AXUDAS DE LIBROS E COMEDOR ESCOLAR 2020/2021

Publicada a Orde de participación no fondo solidario de libros de texto para o vindeiro curso 2020/2021

 

Benqueridas familias,  saíu publicada a Orde que regula as axudas de libros e material escolar da Xunta de Galicia para o vindeiro curso 2020/2021 .(O Artigo 4 recolle a consideración de membros computables da unidade familiar)

 O prazo de presentación de solicitudes abrangue do 20 de maio ao 19 de xuño. Podedes consultar toda a información sobre esta orde reguladora na seguinte LIGAZÓN.

 Os beneficiarios, recibirán:

 

·         Vales para a adquisición de libros de texto para os alumnos de 1º, 2º e 3º curso de Primaria.

 

·         Axudas  para o fondo solidario de libros para o alumnado do 4º curso Primaria.

 

·          Vales para la adquisición de material escolar en todos los cursos.

 

·         No 5º e 6º curso de Primaria, non se piden libros, por ser un centro EDIXGAL e dispor deles de xeito electrónico.

 

A Consellería recomenda que dada a situación actual, as solicitudes se presenten por vía electrónica, facendo uso da seguinte LIGAZÓN.

 

Para a tramitación vía electrónica da solicitude é mester o uso do DNI Electrónico ou Chave 365, que se solicita nos Centros de saúde ou na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal/chave365

 

A secretaría da escola estará ao voso dispor, para solicitudes presenciais, tódolos días lectivos de 10 a 12h con cita previa chamando ao 886120862

ANEXOS

Para garantir a seguridade sanitaria, só pode vir unha persoa, e NON poderán vir acompañados polos nen@s.

Deben acudir ao centro provistos de tapabocas.

 

Documentación necesaria:

 

·         Formulario da solicitude (Anexo 1)

 

·         Anexo II (comprobación de datos dos membros computables da unidade familiar)

 

·         Copia do libro de familia ou documento equivalente, onde figure o alumno e os demais membros computables da unidade familiar.

 

·         En caso de separación o divorcio, deberán achegar ademais a sentenza xudicial e/ou convenio regulador onde conste a atribución da custodia do/da menor.

 

 

 

 

XENTE DO RESÍO

 

 

O alumnado do segundo curso de primaria sorprendeu á súa titora e ao resto dos mestres da escola cun precioso vídeo de agradecemento!, `por todas as tarefas, actividades, chamadas, vídeo chamadas, cartas, ... neste tempo de confinamento.

 

Grazas a vós e ás vosas familias por animarnos a seguir adiante.

 

Neste confinamento, tod@s estamos a aprender moito!!!

 

A rapazada, ata lingua de signos!
 

17 de maio, DÍA INTERNACIONAL DA RECICLAXE

No marco do DÍA MUNDIAL DA RECICLAXE, dende a escola se fixo unha proposta: 

CREA O TEU MAIO 

 

CON MATERIAL DE REFUGALLO,

 

 

a que se lle deu moi boa resporta por parte das familias, polo que temos que agradecer a vosa colaboración e implicación.

 

 

 

 

 

Grazas pola vosa participación!

 

TERCEIRO TRIMESTRE. ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS

Benqueridas familias: estamos a vivir un terceiro trimestre atípico e debido a isto, a nivel estatal, sairon unhas orientacións (publicadas no BOE) e con data 27 de abril unhas
Instruccións da Consellería.

Como xa sabedes, dende o pasado martes 14 de abril, o profesorado, en especial os titores, está en contacto coas familias polos medios dos que dispón (correo electrónico, apps de comunicación, teléfono…) sempre tendo en conta a protección do dereito á privacidade de cada mestr@; polo que as chamadas telefónicas fanse a través dun número oculto.Estas chamadas  teñen o obxecto de coñecer de primeira man como vos atopades, alumnos e familias. O profesorado ten a  obriga de identificar e tentar contactar  co alumnado desconectado ou non localizado.

Doutra banda, todos temos que adaptarnos a un novo modelo de ensino - aprendizaxe, polo que, profesorado e alumnado, deben contar cos recursos tecnolóxicos precisos para desenvolver  as tarefas escolares. Logo dun labor tedioso dos mestr@s, de detección de problemas,  a través da Consellería conseguíronse medios tecnolóxicos en  empréstito  (computadores), e a través do Servizo de voluntariado do Concello,  achegaronse os computadores e materiais ás familias. 

No que atinxe ás programacións do tercceiro trimestre, houberon de ser revisadas e refeitas para flexibilizar os plans de traballo. Dende os seus domicilios, os mestres, están a desenvolver actividades de recuperación, repaso e reforzo. E, de ser  posible, ampliación das aprendizaxes anteriores .

Do mesmo xeito, a avaliación tamén   será adaptada ás circunstancias e terá a finalidade de que o alumnado poida continuar avanzando na súa formación, agás algún caso excepcional. Esta avaliación terá un carácter diagnóstico e formativo,  nela valoraranse os avances realizados polo alumnado, e a detectaranse dos posibles atrasos que se puideran producir. O obxectivo é planificar as medidas recuperación necesarias e programar o vindeiro curso 2020/2021.

A finais de curso farase un informe  individual valorativo final. Este informe, terá   carácter informativo e orientador. Nel recollerase o traballo desenvolvido polos alumn@s e os atrasos que se puideran ter producido nas aprendizaxes e que, polo tanto,  deberán ser obxecto de tratamento durante o curso 2020/21. Por este motivo é moi importante facilitar a información ao profesorado sobre a situación de cada familia e a evolución do seu alumnado.

Criterios de avaliación:

Segundo as  Instrucións do 27 de abril de 2020, da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa para o desenvolvemento do terceiro trimestre do curso académico 2019/20, nos centros docentes da Comunidade Autónoma de Galicia: “A  avaliación e cualificación adaptarase, tendo en consideración que se realizará sobre as aprendizaxes desenvolvidas durante os dous primeiros trimestres do curso, así como sobre as actividades de reforzo, recuperación ou ampliación de aprendizaxes realizadas dende a declaración do estado de alarma polo Real Decreto 463/2020, sempre e cando beneficie  ao  alumnado.”

 

A avaliación e a cualificación realizarase, tendo en conta as aprendizaxes adquiridas nos dous primeros trimestres do curso, así como as actividades desenvolvidas durante o terceiro trimestre. Esta avaliación será contínua é  a avaliación das actividades, na fase non presencial, sempre terá unha valoración  positiva para a cualificación do alumnado.

 

ADAPTACIÓN DAS PROGRAMACIÓNS
  LINGUA EXTRANXEIRA INGLÉS
EDUCACIÓN INFANTIL   4º EI 5º EI 6º EI
EDUCACIÓN PRIMARIA   1º EP 2º EP 3º EP
  4º EP 5º EP 6º EP

   

   

PREME NOS RECADROS PARA A LECTURA DAS ADAPTACIÓNS DOS CURSOS CORRESPONDIENTES

ADMISIÓN

AVISO IMPORTANTE

PRAZO DE SOLICITUDES DE ADMISIÓN

DO 11 AO 18 DE MAIO

Restablecerase o prazo para a presentación das solicitudes de admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos, polo tempo que restaba cando se declarou o estado de alarma, de xeito que se iniciará o día 11 de maio de 2020 e rematará o día 18 do mesmo mes.

Para poder facer a preinscrición no noso centro, DESCARGUE o documento, CÚBRAO  (dixitalmente ou a man) e PIDA CITA  para ser atendido no horario establecido ao efecto.

 

 Premer aquí para descargar  e cubrir dixitalmente o documento.

 

A solicitude de admisión poderá facerse na aplicación seguinte ou presencialmente, pedindo cita previa no 886120860.

  • O horario de presentación de solicitudes na secretaría do centro será de 10 a 12h. previa petición de cita telefónica.
  • Para garantir a seguridade sanitaria, só pode vir unha persoa, e NON poderán vir acompañados polos nen@s.
  • Deben acudir ao centro provistos de luvas e tapabocas.

https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado/

Anexo II: Formulario de admisión

 

Manuais para as familias:

PRAZOS:
● Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido: antes do 9 de xuño de 2020.

● Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido: ata o 26 de xuño de 2020

Formalización da matrícula  do 1 ao 10 xullo.

RESOLUCIÓN DO 5 DE MAIO DE 2020

 

 

 

PREPARAD@S, LIST@S,... Á RÚA.

Un novo agasallo para o noso alumnado. Esperamos que todos vos atopedes ben. Ogallá vos guste o noso traballo.

REPLICAMOS AS PORTADAS DOS NOSOS LIBROS #NaCasa

Seguindo co traballo por competencias e co día do libro, o alumnado do 5º e 6º cursos de primaria, replica as portadas dos seus libros favoritos, edita e customiza as fotos para facelas o máis semellantes posible ás portadas orixinais.

 

BO TRABALLO PARA AMOSAR A SÚA COMPETENCIA DIXITAL!

VOLTAR

O alumnado do quinto e sexto curso de primaria escenifican o tema "Chea de vida" de Gaudi Galego para lembrarlle a toda a comunidade educativa que máis cedo que tarde VOLVEREMOS VERNOS.

 

TEMOS ALGUÉN NO NOSO CORAZÓN

Distribuir contido

Back to top