blogue deadmin
BECAS E AXUDAS PARA ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 22/23
Posted Maio 19th, 2022 by adminPoderán solicitar as axudas os alumno-as que presenten necesidade específica de apoio educativo derivada de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastorno grave da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais.
Así mesmo, poderán solicitar as axudas os alumno-as con Trastorno do Espectro Autista e os alumno-as con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.
Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.
Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía internet. Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están nesta ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html
Despois de cuberta a solicitude on-line, teñen que imprimila en papel e asinala. No gabinete psicopedagóxico terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado nos impresos. Posteriormente terán que entregar no Departamento de Orientación do colexio os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete xunto coa documentación requerida (certificado do nº da conta bancaria do alumno/a, diagnóstico médico do SERGAS, certificado de discapacidade, título de familia numerosa, de selo caso).
Prazo de presentación: ABERTOdende 19 de maio ata o 30 de setembro de 2022 Para evitar complicacións na tramitación das solicitudes non deben agardar ao derradeiro día. |
AXUDAS MATERIAL E LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023
Posted Maio 18th, 2022 by adminHoxe sae publicada a
Convocatoria do fondo solidario de libros de texto e axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, ESO e educación especial para o curso escolar 2022/23
Orde do 29 de abril de 2022 pola que se regula a participación no fondo solidario de libros de texto e se convocan axudas para adquirir libros de texto e material escolar destinadas ao alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes sostidos con fondos públicos para o curso escolar 2022/23 (códigos de procedemento ED330B, ED330G e ED330H).
- O prazo para presentar solicitudes iniciarase o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia e rematará o día 22 de xuño de 2022 (este incluído).
Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)
Extracto da Orde do 29 de abril de 2022 (DOG)
As solicitudes deberán presentarse preferiblemente por via telemática a través de CHAVE 365.
De facelo presencialmente na escola deberán ter cubertos os anexos I e II.
Lembrar que na solicitude destas axudas terase en conta o exercicio fiscal 2020.
ACTUALIZACIÓN DOS CRITERIOS DE PROMOCIÓN
Posted Abril 28th, 2022 by adminSequindo as instruccións dadas pola inspección educativa e cumprindo o establecido na Orde do 25 de xaneiro de 2022, pola que se actualiza a normativa de avaliación nas ensinanzas de educación primaria, procédese a dar publicidade da modificación da concreción curricular das programacións didácticas aprobadas polo claustro o 27 de abril de 2022.
MÍNIMOS ESIXIBLES POR CURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA
MÍNIMOS ESIXIBLES POR CURSOS EDUCACIÓN PRIMARIA | |
1º EP | 4º EP |
2º EP | 5º EP |
3º EP | 6º EP |
ABERTO O PRAZO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2022/2023
Posted Marzo 1st, 2022 by adminP
Infórmase que todo o alumnado que solicitou praza na escola está admitido. Agora deberán vir formalizar a matrícula do 20 ao 30 de xuño.
Benvid@s !
XORNADAS PORTAS ABERTAS
Posted Febreiro 15th, 2022 by adminNa seguinte ligazón poderedes ver todas as nosas instalacións en visión 360º. So tedes que premer na ligazón e elexir a/s dependencia/s que queredes coñecer. VISITA VIRTUAL
No Blogue de Picolindo descubriredes o noso xeito de traballo.
A solicitude de praza en periodo ordinario será do día 1 ao 20 de marzo, cubrindo o seguinte formulario ED550B
RESULTADO DO SORTEO ANUAL DE LETRAS DE ADMISIÓN
SOLICITUDES DE ADMISIÓN CURSO 2022/2023
Posted Febreiro 15th, 2022 by adminSegundo o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, polo que se regula a admisión de alumnado en centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación (publicado DOGA n.º 29 do 11/02/2022); salientamos os puntos máis relevantes no proceso de admisión de alumnado en centros docentes públicos e privados concertados da Comunidade Autónoma de Galicia para o curso académico 2022/23.
Artigo 9. Criterios de admisión do alumnado e puntuación
- 1. Nos centros docentes sostidos con fondos públicos onde non haxa postos escolares suficientes para atender todas as solicitudes de reserva e/ou de admisión, para determinar a orde de prelación do alumnado, teranse en conta os seguintes criterios: 2. O momento e a forma de alegar e acreditar os criterios de admisión será o que se estableza mediante orde da persoa titular da consellería competente en materia de educación.
- a) Por unha irmá ou un irmán matriculados no centro: oito puntos; polo segundo e seguintes, dous puntos por cada un, co máximo de catorce puntos.
- b) Proximidade ao centro docente do domicilio familiar ou do lugar de traballo.
1º. Por proximidade do domicilio familiar: se está na área de influencia do centro, oito puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, catro puntos.
2º. Por proximidade do lugar de traballo: se está na área de influencia do centro, seis puntos; se está en áreas limítrofes á área de influencia do centro, tres puntos. - c) Por renda per cápita da unidade familiar. A puntuación, por referencia ao indicador público de renda de efectos múltiples (IPREM) do exercicio fiscal a que corresponde a renda, será a seguinte:
1º. Se é inferior a 0,5 veces o IPREM: tres puntos.
2º. Se é igual ou superior a 0,5 e inferior a 0,75 veces o IPREM: dous puntos.
3º. Se é igual ou superior a 0,75 e inferior ao IPREM: un punto.
4º. Se é igual ou superior ao IPREM: cero puntos. - d) Por persoa proxenitora, titora ou acolledora traballadora do centro docente tres puntos, con independencia de que traballen ambas.
- e) Por familia numerosa: de categoría especial, tres puntos; de categoría xeral, dous puntos.
- f) No caso de irmáns nados dun parto múltiple, sempre que soliciten o mesmo centro, corresponderanlles oito puntos se son dous e dez puntos se son máis de dous.
- g) No caso de familia monoparental: dous puntos.
- h) Por discapacidade igual ou superior ao 33 % dos membros computables da unidade familiar, a puntuación indicada a seguir co máximo de catro puntos:
1º. Alumno/a: catro puntos.
2º. Calquera das persoas proxenitoras, titoras ou acolledoras, ou o novo cónxuxe ou persoa unida por análoga relación de afectividade á persoa proxenitora: tres puntos.
3º. Calquera das irmás ou dos irmáns: un punto por cada un.
Así mesmo, terá esta consideración a percepción da pensión da Seguridade Social por incapacidade permanente total, absoluta ou grande invalidez, ou pensión de clases pasivas por xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade. - i) Por condición de vítima de violencia de xénero de calquera dos membros computables da unidade familiar: dous puntos.
- j) Por condición de vítima de terrorismo de calquera dos membros computables da unidade familiar: dous puntos.
- k) Por criterio complementario, consistente en circunstancias relevantes apreciadas xustificadamente polo órgano competente do centro, de acordo con criterios obxectivos, que terán que publicar antes do inicio do prazo de presentación de solicitudes de admisión: un punto.
- l) Polo expediente académico para ensinanzas de bacharelato a puntuación será a seguinte:
1º. Nota media de sobresaliente: dous puntos.
2º. Nota media de notable: un punto.
3º. Por nota media de ben: medio punto.
MODELO DE SOLICITUDE:
NOVO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COVID A 14 DE XANEIRO DE 2022
Posted Xaneiro 19th, 2022 by adminAUTODECLARACIÓN DE CASO SOSPEITOSO DE COVID
https://coronavirus.sergas.gal/Contidos/Autodeclaracion-caso-sospeitoso-COVID
PROTOCOLO PARA A DETECCIÓN DE INFECCIÓN POLO SARS-CoV-2 CON TEST RÁPIDO DE ANTÍXENO EN SALIVA EN CENTROS DE EDUCACIÓN PRIMARIA
RESERVA DE ADMISIÓN
Posted Xaneiro 12th, 2022 by adminPrazo de reserva de praza para centros adscritos do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro
O prazo de reserva de admisón é para o alumnado de 6º que pasa ao IES ALEXANDRE BÓVEDA o vindeiro curso 2022/23.
A través da aplicación ADMISIÓN ALUMNADO na opción Solicitudes pódense crear solicitudes de reserva de praza (do 11 de xaneiro ao 8 de febreiro) ou de admisión (primeira quincena de marzo) para o resto do alumnado que desexe cambiar de centro a outro non adscrito.
LIGAZÓN á aplicación ADMISIONALUMNADO.
A presentación da solicitude ED550A, farase na secretaría da escola, no horario de atención. Tamén poderedes entregalo en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a SEDE ELECTRÓNICA, para o que se precisaredes de Chave365 ou certificado dixital.
O prazo de entrega é dende o 11 de xaneiro ata o vindeiro día 8 de febreiro. LEMBRADE QUE aquelas familias que non elixan este centro para cursar a secundaria, non entregarán o documento e solicitarán praza no que sexa do seu interese no prazo ordinario.
E se queres coñecer a nosa escola...
Na seguinte ligazón poderedes ver todas as nosas instalacións en visión 360º. So tedes que premer na ligazón e elexir a/s dependencia/s que queredes coñecer. VISITA VIRTUAL
No Blogue de Picolindo descubriredes o noso xeito de traballo.
De todos xeitos, estaremos encantados de recibirvos, CON CITA PREVIA, para clarexar as dúbidas que podades ter ( segundo o Protocolo COVID-19 non podemos facer percorrido polas instalacións).
TODO PREPARADO PARA AS VOTACIÓNS
Posted Novembro 23rd, 2021 by adminHoxe é un día importante, acudide a votar!. Temos todo preparado!
RESULTADO DAS VOTACIÓNS:
SECTOR RESPONSABLES
44 VOTOS: CRISTINA RESINO RODRIGUEZ.- TITULAR
44 VOTOS: SABELA FORNEIRO PRADO.- TITULAR
38 VOTOS: ELENA GAREA SEIJAS.- SUPLENTE 1
17 VOTOS: TERESA FRADE LIMES.- SUPLENTE 2
DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO DE EDUCACIÓN PRIMARIA
Posted Novembro 17th, 2021 by adminInfórmase que a Consellería de Educación acaba de publicar a ORDE do 28 de outubro de 2021 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería, así como en centros privados concertados, no curso 2021/22 (código de procedemento ED330E)
Alumnado destinatario.
Alumnado matriculado en Educación Primaria (non para Educación Infantil)
a) Non ten que presentar solicitude:
O alumnado beneficiario da axuda de material escolar para o curso 2021-2022. A distribución será automática para aqueles beneficiarios de axuda de material escolar. Non terán que facer ningún tipo de trámite.
b) Ten que presentar solicitude:
O alumnado que non foi beneficiario da axuda de material escolar no curso 2021-2022 que cumpra algunha das seguintes condicións:
• Que pertenza a unha familia cunha renda per cápita igual ou inferior a 6.000 €.
• Alumnado matriculado en educación especial.
• Alumnado suxeito a tutela ou garda da Xunta de Galicia.
• Alumnado cun grao de discapacidade igual ou superior ao 65%.
TRAMITACIÓN E PRESENTACIÓN DAS SOLICITUD
- Presencialmente no centro en horario de secretaría: Tódolos días de 9.15 a 9.45h, mailos martes festivos de 16.00 a 16.45h.
- Prazo presentación: desde o 15 ata o 26 de novembro 2021 ámbolos dous incluidos.
- DOCUMENTACIÓN, ANEXO I E ANEXO II.
- « primeira
- ‹ anterior
- 1
- 2
- 3
- 4
- 5
- 6
- 7
- 8
- 9
- …
- seguinte ›
- última »