blogue deadmin

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2023/24

BECAS E AXUDAS PARA O ALUMNADO CON NECESIDADE ESPECÍFICA DE APOIO EDUCATIVO 2023/24

Prazo de presentación: do 8 de maio ata o 20 de setembro do 2023

Atendendo á publicación no BOE poderán solicitar as axudas "o alumnado que presenten necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta ou trastornos graves da comunicación e da linguaxe asociada a necesidades educativas especiais". Así mesmo, poderán solicitar ditas axudas o alumnado con Trastorno do Espectro Autista e o alumnado con necesidade específica de apoio educativo asociado a Altas Capacidades.

"Esta convocatoria inclúe como novidade un subsidio para gastos adicionais de carácter xeral derivados da escolarización de estudiantes con necesidades específicas de apoio educativo, que terá un importe de 400 euros (...), que se sumará ás cuantías que xa figuraban en convocatorias anteriores, resultando un incremento adicional das axudas." Esta axuda diríxese ao alumando que presentan necesidades educativas especiais derivadas de discapacidade, trastornos graves de conduta, trastornos graves da comunicación e da linguaxe, trastornos do espectro autista e altas capacidades intelectuais.

Os umbrais de renta e patrimonio están especificados na convocatoria.

Os solicitantes deben cubrir a solicitude vía Internet.
Toda a información e as explicacións para realizar a solicitude están na seguinte ligazón:
https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/como-solicitarla.html

Despois de cubrir e pechar a solicitude teñen que imprimila en papel e asinala. Así mesmo, no gabinete psicopedagóxico ao que acode o seu fillo/a terán que cubrir, selar e asinar o seu apartado dos documentos impresos da solicitude.
Posteriormente deberán entregar no Departamento de Orientación do seu centro os papeis impresos de solicitude cubertos, asinados pola familia e selados polo gabinete externo xunto coa documentación requerida: (certificado do número da conta bancaria do alumno/a,  e de selo caso, diagnóstico médico do Sergas,certificado de discapacidade e/ ou título de familia numerosa).
Poden comprobar a documentación requerida no seguinte enlace: https://www.becaseducacion.gob.es/becas-y-ayudas/ayudas-apoyo-educativo/que-necesitas.html

Así mesmo, poden consultar toda a información da convocatoria no seguinte enlace: https://www.educacionyfp.gob.es/servicios-al-ciudadano/catalogo/general/05/050140/ficha/050140-2023.html

CALENDARIO DO PROCEDEMENTO DE ADMISIÓN E MATRÍCULA

Aberto o prazo de reserva de praza no centro adscrito.

O prazo de presentación de solicitudes será dende o 16 de xaneiro ata o próximo día 6 de febreiro. Neste prazo, as familias do alumnado do sexto curso presentará a solicitude para o IES ALEXANDRE BÓVEDA. Este proceso pódese facer:

• En formato papel, presentandoo na secretaría da escola no horario habilitado.
• A través da aplicación https://www.edu.xunta.gal/admisionalumnado/
• Ou en calquera dos lugares que establece a Lei 39/2015, do 1 de outubro, do Procedemento Administrativo Común, incluída a Sede Electrónica da Xunta de Galicia, para o que se precisará de Chave 365 ou certificado dixital.

Adxúntase o Manual de Usuario.

Disposición adicional primeira. Orde do 21 de outubro de 2022 pola que se desenvolve o Decreto 13/2022, do 3 de febreiro, e se regula o procedemento de admisión do alumnado nos centros docentes sostidos con fondos públicos que imparten ensinanzas de segundo ciclo de educación infantil, de educación primaria, de educación secundaria obrigatoria e de bacharelato reguladas na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, deeducación

Do 15 de xaneiro ao 4 de febreiro

Prazo de presentación de solicitude de reserva

22-febreiro

Publicación da listaxe do alumnado con posto reservado: o 22 de febreiro.

Última semana febreiro e antes do 1 de marzo

Sorteo público para os efectos de desempate

Antes do 1 de marzo

Publicación de postos escolares vacantes

Do 1 ao 20 de marzo

Prazo de presentación de solicitude de admisión

10 días hábiles a partir do do día seguinte ao remate do prazo para presentar as solicitudes de admisión

Prazo de presentación da documentación acreditativa dos criterios de baremo

25 de abril

Publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido

5 días hábiles, contados a partir do seguinte á data de publicación das listaxes provisionais do alumnado admitido e non admitido

Prazo de reclamación contra as listaxes provisionais

15 de maio

Publicación das listaxes definitivas do alumnado admitido e non admitido

Do 20 ao 30 de xuño

Prazo para formalizar a matrícula en educación infantil e primaria

Do 23 de xuño ao 7 de xullo

Prazo para formalizar a matrícula na ESO e bacharelato

ANEXO ED550A-G

ANEXO ED550A-C

BENVIDAS E BENVIDOS AO NOVO CURSO 2022/2023

Benvidas e benvidos todos ao novo curso escolar 2022 / 2023 !

Precisamos ter todo a punto para o vindeiro día 8 de setembro, data na que comeza oficialmente o novo curso escolar. Deixámosvos unha presentación onde atoparedes a circular inicio de curso, e todos aqueles aspectos a ter en conta para que, por fin, poidamos dar comezo a un curso no que poderemos gozar de ter os patios cheos de nenos e nenas misturados, independientemente da clase, o curso e o nivel educativo.

Temos unha gran nova: " poderemos abrirvos as portas da escola", porque vós, todos, sodes unha parte moi importante dela.  O xoves día 8 de setembro, ás 09h, volveremos a ter, logo de dous anos, un acto de presentación do curso na pista polideportiva.

ESPERÁMOSVOS!

MATERIAIS E LIBROS DE TEXTO 2022/2023

Premendo nos cursos correspondientes, teredes a listaxe de materiais necesarios para o vindeiro curso. Se clicades na etiqueta libros, poderedes ver os textos de calquera dos cursos.

Bo verán!

Lembrade que voltamos ás aulas o vindeiro día 8 de setembro.

AUTODECLARACIÓN COMEDOR CURSO 2022/2023

No día de hoxe, envia a Consellería as instruccións de comedor de xestión indirecta. Nelas indica que antes do 8 de setembro, deben estar entregadas as autodeclaracións dos usuarios do servizo.

Adxúntase o modelo.

LIBROS DE TEXTO CURSO 2022/2023

Preme na imaxe, atoparás publicados os libros de texto que serán utilizados o vindeiro curso escolar 2022/2023

MATRÍCULA CURSO 2024/2025

PRAZO de MATRÍCULA do NOVO ALUMNADO:

DO 20 AO 30 DE XUÑO

Comeza o prazo de formalización de  matrícula para o vindeiro curso.

Familias, podedes pasar pola escola para encher a documentación de matrícula a partir do vindeiro luns 20. O prazo de matrícula vai do 20 ao 30 de xuño.

Para a formalización da matrícula tedes que pasar pola escola e recoller o sobre coa documentación a cubrir e traer a seguinte documentación:

• Fotocopia do DNI (de todos os membros da unidade familiar)
• Fotocopia do libro de vacinacións.
• Fotocopia da tarxeta sanitaria.
• Dúas fotografías de tamaño carné.

Para descargar a documentación e cubrir en liña, prema na seguinte ligazón

http://www.edu.xunta.gal/centros/ceipvirxerocio/?q=node/51

PLAN DIXITAL DE CENTRO

O PLAN DIXITAL DE CENTRO é un instrumento que debe favorecer e impulsar o uso dos medios dixitais tanto nos procesos de ensino-aprendizaxe como no resto de procesos de xestión do centro, sempre co obxectivo último de colaborar no desenvolvemento integral do alumnado. Asimesmo contribúe ao desenvolvemento dos diversos plans e proxectos do centro:

• proxecto lector,
• plan de dinamización da lingua galega,
• plan de atención á diversidade, plan de convivencia,
• programas de innovación educativa, ...

Seguindo as instruccións da Consellería adxuntase este  PLAN DIXITAL DE CENTRO

como adxunto para dar publicidade e coñecemento do mesmo a toda a comunidade Educativa.

NOVO PROTOCOLO DE ACTUACIÓN COVID A 20 DE MAIO DE 2022

Xúntase o Protocolo de adaptación ao contexto da Covid-19 nos centros de ensino non universitario de Galicia para o curso 2021-2022, versión 20/05/2022.

Distribuir contido

Back to top