Skip to Content

DISTRIBUCIÓN DE MÁSCARAS PARA O ALUMNADO.

A Xunta de Galicia vén de publicar hoxe no Diario Oficial de Galicia a orde pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras hixiénicas entre o alumnado matriculado nas etapas de Primaria, ESO e Educación Especial dos centros sostidos con fondos públicos que máis o necesite.

 

Tal e como establece a convocatoria, todos os alumnos que contan con axudas de material escolar da Consellería de Cultura, Educación e Universidade no presente curso 2020-21 serán beneficiarios directos das máscaras, polo que neste caso NON terán que formalizar ningunha solicitude.

 

Unicamente terán que formalizar a solicitude os alumnos que reúnen os requisitos de renda aínda que non seu día non solicitaran as axudas de material escolar.

Así mesmo, disporán de máscaras os alumnos que, independente da renda da unidade familiar, estean matriculados nun centro de Educación especial, suxeitos a garda ou tutela da Xunta de Galicia, ou teñan unha discapacidade igual ou superior ao 65%.En todos estes casos, para poder beneficiarse do reparto de máscaras, é obrigado que tramiten a correspondente solicitude, cuxo prazo para formalizala permanecerá aberto desde o luns día 16 ata o 27 de novembro.

 

Os encargados da adquisición e reparto de máscaras serán os propios centros educativos, seguindo o procedemento análogo que realizan anualmente co reparto das axudas de material escolar.

 

ORDE do 6 de novembro de 2020 pola que se regulan os criterios e o procedemento de distribución de máscaras entre o alumnado matriculado en educación primaria, educación secundaria obrigatoria e educación especial en centros docentes públicos dependentes desta consellería e en centros privados
concertados no curso 2020/21 (código de procedemento ED330E).

AdxuntoTamaño
ORDE 6 DE NOVEMBRO DE 2020.pdf608.65 KB


page | by Dr. Radut