Dependencias
O edificio está dividido en dous andares:
Na planta baixa están situadas as aulas de Infantil e inglés, xunto ca zona administrativa, biblioteca escolar, ludoteca e comedor.
Na primeira planta están as diferentes aulas de primaria, aula de música, aulas de PT e AL, departamento de orientación, despacho de titorías, aula TIC, aula de plástica e aula de relixión.
No exterior o centro conta con patio cuberto e descuberto, areeiro, parque infantil e pavillón municipal para uso en horario lectivo.