Saídas Extraescolares

 

O guía da visita explicou as funcións principais do Parlamento e ensinounos os distintos departamentos do  que consta.

Máis tarde todos os alumnos acercáronse á Xunta de Galicia e alí foron testigos de como funcionaban os distintos partidos coa temática de mellorar os equipamentos dos centros escolares.

Cando estabamos rematando acercousenos o Conselleiro de Educación Señor Román Rodríguez que departiu un rato cos alumnos aos que saludou moi cordialmente.

Alumnos de 3º Ciclo no Parlamento

Os alumnos e alumnas de 1º e 2º de primaria fixemos unha saída moi especial. Visitamos o Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiro e puidemos gozar da compañía das persoas maiores que a el acoden.

Participamos con eles e elas das actividades de baile e comunicación. Ao final repartímoslles as felicitacións de Nadal que con tanto agarimo prepararamos en clase e ... Encantáronlles!

Visita ao Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiro

 O pasado 22 de novembro , as nenas e nenos de 5 anos , visitaron o Concello de Narón onde foron recibidos pola alcaldesa. Foi unha visita moi interesante xa que puideron coñecer, a través dos xogos que lles tiñan preparados a Abella Nara  e o explorador Tito, as diferentes parroquias que conforman o noso concello, os distintos puntos de interese que se poden visitar, os distintos servizos cos que contan,... Pasárono moi ben e empregaron o seu turno de palabra no salón de plenos para facerlle algunha pregunta á alcaldesa .

SAÍDA AO CONCELLO . CLASE DE 5 ANOS

O pasado xoves 17 de novembro, as nenas e nenos de Educación Infantil acudiron ao Auditorio de Narón para disfrutar da obra Carabela

 

SAÍDA AO TEATRO . EDUCACIÓN INFANTIL

O pasado martes 25 de outubro, o alumnado de 1º a 4º de Primaria acudiu ao Pazo da Cultura para participar na XXXVIII Mostra de Teatro do Concello de Narón. Vimos a representación de A cazola de Lola, unha obra cheíña de valores como a tolerancia e a aceptación dun mesmo.

Mostra de teatro do Concello de Narón - 1º a 4º de Primaria

O xoves 20 de outubro, o alumn de 1º e 2º de Primaria acudiu á área recreativa de Pedroso para participar nuns obradoiros de elaboración de pan en marmelada.

 

Excursión a Pedroso - 1º e 2º de Primaria

Os alumnos de 5º A e B xunto cos alumnos de 6º A acudiron, en Pedroso, aos obradoiros de coiro, supervivencia e orientación.

Aquí temos unhas imaxes:

ALUMNOS DE 5º e 6º NOS OBRADOIROS EN PEDROSO

O pasado 13 de outubro as nenas e nenos de 3º e 4º de primaria realizamos unha saída ao contorno do muíño de Pedroso.

Alí fixemos un taller de coiro e mira que moedeiros tan preciosos confeccionamos:

Saída a Pedroso- 3º e 4º de Primaria
Distribuir contido