Polo día de Rosalía, o 24 de febreiro, realizamos un photocall na súa honra coa participación das familias e partindo duns versos de Rosalía, aquí tedes algunhas fotos.
As semanas pasadas, con motivo do Día de Rosalía(24 de febreiro), levamos a cabo unha interesante actividade, en colaboración coa AELG: "RosalíaTe": Un photocall no que participaron as familias. Tratábase de disfrazarse de Rosalía e fotografarse, acompañad@s dos seus maiores e duns versos de Rosalía.
O pasado 10 de maio, co gallo da celebración do Día das Letras Galegas, o alumnado de Ed. Infantil, 2º e 3º de Primaria participamos no Correlingua. Puidemos disfrutar da actuación de Gramola Gominola no Auditorio de Ferrol e despois iniciamos a marcha en defensa do idioma galego polo paseo de Caranza.