Samaín 2019

Tags:

QUE CELEBRAMOS NO SAMAÍN?

Samaín significa fin do verán e comezo do inverno, era unha das datas máis importantes no calendario celta que eles chamaban roda do ano solar. 

Samhaim (evolución etimológica Samhaim-Samaím-Samaín) designa en irlandés, "máis aló da noite", porque os celtas consideraban que a noite do 31 de outubro  era unha noite moi perigosa dado que as almas do máis aló podían vir saldar as súas contas pendentes.

Para escorrentar a estas almas en pena colocábanse as caveiras dos seus inimigos caídos en batalla con candeas no seu interior (antigamente posuír as caveiras dos inimigos era o mellor botín,  símbolo do triunfo). Os celtas crían no máis aló e na conexión de ambos os mundos en datas concretas sendo esta noite a máis importante.

A tradición das caveiras substituíuse polas cabazas con candeas acesas e así nunha festa de outono, algo que poderiamos definir como un entroido de medo.

O Samaín foi levado polos emigrantes a terras americanas e de alí a súa americanización e a súa evolución a Halloween. Samaín e Halloween teñen por tanto unha raíz irlandesa común.

Samaín 2019