Conforme ao disposto na normativa vixente en materia de protección de datos persoais, as persoas asistentes a calquera actividade dentro do recinto escolar poderán sacar fotos, gravar imaxes do evento exclusivamente para o seu uso persoal e doméstico. A difusión das imaxes captadas polas familias e demais asistentes fóra do ámbito privado, familiar ou de amizade, por exemplo, mediante a súa publicación na internet accesibe en aberto, será responsabilidade única daqueles que leven a cabo a devandita comunicación, que requeriría o consentimento de todas as persoas afectadas.
- En calquera caso, debe respectarse o establecido na Lei Orgánica 1/1996, do 15 de xaneiro, de protección xurídica do menor.
- Lei orgánica 8/2021, do 4 de xuño, de protección integral á infancia e a adolescencia fronte á violencia.
- Así como o establecido no Protocolo de Protección de Datos da Xunta de Galicia, cuxa norma de referencia é a Lei Orgánica 15/1999, do 13 de decembro.