|
Festival Escolar do Camiño InglésO mércores 13 de novembro, o alumnado de 3º e 4º de Primaria participou nas actividades programadas dentro do Festival Escolar do Camiño Inglés da FANPA Ferrolterra. Primeiro vimos unha divertidísima obra de teatro baseada nas lendas e tradicións do noso Concello relacionadas co Camiño de Santiago. Logo camiñamos unha milla do Camiño, desde o centro Torrente Ballester ata a Igrexa das Angustias.
|
|