|
Creando as insignias do exército da Raíña de Corazóns - Polos Creativos 3ºEPEste ano choveu tanto que ao exército de naipes da Raíña de Corazóns borráronselle os debuxos dos seus uniformes. Por esta razón, decidimos deseñar algunha insignia máis duradeira e que resistise o frío e a calor, a choiva e o sol, o vento, as danas... Así que decidimos facer unhas chapas co corazón da nosa raíña, os nosos nomes e todos aqueles adornos que cada un quixese poñerlle. Se queredes ver o proceso de fabricación, podedes facelo no seguinte vídeo. |
|