mary

NORMATIVA

  • Decreto 13/2022 do 3 de febreiro (DOG1 do 1 de febreiro de 2022)

  • Orde do 21 de outubro de 2022 (DOG do 11 de novembro de 2022)

VACANTES

4º EI- 20 vacantes, 3 prazas reservadas para alumnado neae

5º EI- 4 vacantes

6º EI - 0 vacantes

1º EP - 0 vacantes

2º EP - 13 vacantes

3º EP - 11 vacantes

4º EP - 12 vacantes

5º EP - 3 vacantes

6º EP - 1 vacante

ZONA DE INFLUENCIA

  • Zona 1: Ao este e ao norte limita co Concello de Ferrol ata a rotonda da autovía e baixa cara ao sur pola estrada de Santa Tecla, Estrada de Castela (ambas beirarrúas) ata outra vez o termo municipal de Ferrol. Incluídas na zona as rúas que conforman os límites. Clica aquí
  • https://buscocole.naron.gal/

PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES

  • Do 1 ao 20 de marzo, ambos incluídos
  • Os formularios (anexo II ED550B e anexo II bis)serán facilitados gratuitamente no centro (na páxina web ou en secretaría) . Tamén estarán dispoñibles na sede electrónica da Xunta de Galicia e no portal educativo(https://www.edu.xunta.es/admisionalumnado) apartir do 1 de marzo
  • Poderán PRESENTAR as solicitudes:
  • DOCUMENTACIÓN:
    • Copia do libro de familia onde estea inscrito o neno u nena ou ben do seu DNI
    • Empadroamento

PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA

  •  No caso de ser preciso baremar, avisarase ás familias para que prenenten a documentación alegada.
  • Do 21 de marzo ao 5 de abril, ambos incluídos.

PUBLICACIÓN LISTAXES PROVISIONAIS

  • 11 de abril
  • Publicaranse no taboleiro de anuncios interior do centro

RECLAMACIÓNS ANTE O CONSELLO ESCOLAR

  •  Do 15 ao 19 de abril
  • A resolución da reclamación notificarase ás persoas interesadas

PUBLICACIÓN LISTAXES DEFINITIVAS

  • 15 de maio

FORMALIZACIÓN DA MATRÍCULA

  • Do 20 ao 28 de xuño

IMPORTANTE

  • Só se pode presentar unha única solicitude no centro que solicite praza en primeiro lugar. A infracción desta norma determinará a perda dos dereitos de prioridade que poidan corresponderlle.

  • O alumnado con garantía de permanencia neste centro, se presenta solicitude de admisión noutro distinto deberá comunicalo, ao mesmo tempo, ao centro de orixe, o CEIP Plurilingüe Virxe do Mar.

  • O alumnado que ten reservada praza no IES As Telleiras, se presenta solicitude de admisión noutro distinto, deberá comunicar a renuncia á reserva antes do inicio do prazo de solicitudes de admisión. De non facelo perderá o dereito de prioridade.

  • Tamén dará lugar a perda do dereito de prioridade:

    • A presentación da solicitude fóra de prazo.

    • As solicitudes que conteñan datos que non se axusten ás circunstancias reais do alumno/a.

    • As solicitudes que estea acompañadas por documentación que reflicta datos que non se axusten ás circunstancias reais.

SERVIZOS COMPLEMENTARIOS

  • Servizo de madrugadores: desde ás 07:30h, xestionado pola ANPA
  • Comedor escolar: de luns a venres de 14:00h a 16:00 h