Aprendendo a poñer a punto a bicicleta.

O día 17 de febreiro os nenos e nenas de 4º de primaria tivemos un obradoiro para poñer a punto a nosa bici. Aprendéronnos como iniciar a marcha e continuar con precaución, tendo en conta os sinais; a importancia de saber circular correctamente e o respecto aos peóns así como saber circular polos diferentes tipos de vías.

Para aprendernos todo isto montaron un circuito super divertido.

Pasámolo xenial!!

Aprendendo a poñer a punto a bicicleta.