CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL (CPI) DO CONCELLO DE NARÓN

Os alumnos de 6º curso do centro asistiron á Constitución do novo Consello de Participación Infantil (CPI) de Narón integrado por alumnado de centros de ensino da cidade.

Alí foron recibidos pola Sra. Alcaldesa ,Marián Ferreiro, que lles deu  a benvida aos/ás presentes. Este acto  se celebrou en sesión pública no Salón de Plenos da Casa Consistorial.

Seguidamente procedeuse a formar a Mesa de Idade, e logo realizouse o xuro do cargo. 

Aquí temos algunhas imaxes.

Formación da mesa.

Benvida da alcaldesa

Xuro dos nosos alumnos: Bárbara Pérez Paez e Lucas J.Freijomil Martínez

 

Eu, -----, XURO/PROMETO cumprir fielmente as obrigas do cargo de conselleiro/a con lealdade ó Rei e gardar e facer garda-la Constitución como norma fundamental do Estado”

Imposición das medallas

Foto cos participantes dos outros centros de Narón: CEIP Ponte de Xuvia, Jorge Juan de Xuvia, Piñeiros, Solaina, Ayala e Gándara, e os policías municipais Pedro e Sonia.

 

 

 

 

 

CONSELLO DE PARTICIPACIÓN INFANTIL (CPI) DO CONCELLO DE NARÓN