COLABORACIÓN DO CENTRO CON DIRECTORES DE ENSINO DE TURQUÍA

A alcaldesa de Narón, Marián Ferreiro, presidiu onte a recepción oficial aos catro docentes e un coordinador, que veñen de Turquía, para coñecer o traballo que o noso Concello desenrola en materia de educación vial.

Para isto e xunto co concelleiro de Seguridade Cidadá, Román Romero, e os responsables de Educación Viaria de Narón, Sonia López e Pedro Caneiro conversaron con Mehmet Melih, Ömer Gökdogan, Bülent Kör e Derya Yolcu, directores de centros de ensino turcos, e co coordinador da comitiva, Hamza Aydogdu.

Ademáis de coñecer as iniciativas en Educación vial, a comitiva turca visitará varios centros para coñecer así de primeira orde esta iniciativa vial.

O noso colexio tamén colaborou neste programa e grazas á nosa mestra de inglés, Alba Sánchez Botana, que lles explicou as liñas de actuación do noso centro puidemos compartir unha mañá moi interesante de intercambio de actuacións educativas no ámbito vial.  

Aquí temos algunhas imaxes.

 

COLABORACIÓN DO CENTRO CON DIRECTORES DE ENSINO DE TURQUÍA